19/9/20

COMEZAMOS?

 

Comezamos un novo curso pero cunhas características moi especiais motivadas polo COVID-19

Rematamos o pasado curso dun xeito moi diferente e tócanos comezar outro novo, adaptándonos ás novas circunstancias.

A nova aula de música que viñamos disfrutando, queda á espera de mellores tempos e con ela, todos os instrumentos e aparellos musicais.

A clase de música farémola nas vosas "aulas burbulla"; as frautas quedarán para ser tocadas nas vosas casas e cantar... pero non imos cantar?. Buscaremos o xeito máis seguro para facelo (escoitando...ao aire libre...).

Para traballar dende as aulas fixen unha  AULA VIRTUAL, para que tamén a podades seguir desde as vosas casas para repasar, ou para traballar a frauta doce, ou por si tivésemos que quedarnos na casa en corentena.

Imos aprender e disfrutar da música respectando todas as normas que nos recomendan desde o colexio e esperemos que moi pronto... todo volva á normalidade.

VIVA A MÚSICA!!!