9/6/10

Despedida do curso

Este pequeno vídeo vai adicado a todos os nenos e nenas que este curso formaron parte do coro. Co seu traballo e esforzo fomos capaces de participar nas festas e conmemoracións organizadas polo centro e por outras institucións.
     
        Cantamos e tocamos:
  • Día da Biblioteca Escolar coa estrea da Canción para Rufo.
  • Festa do Magosto.
  • Panxoliñas e outros cantos de Nadal en San Francisco (Viveiro) e igrexa de Celeiro.
  • Día da paz
  • Entroido
  • Maios
  • Letras Galegas: actuación especial para os nenos e nenas do colexio e pola tarde para as familias.
Este curso xa remata e os alumnos de 6º curso marchan para o IES María Sarmiento, espero que sigades mantendo o voso gusto pola música e non olvidedes as vosas experiencias dentro do coro, eu non as esquecerei.

Felices vacacións!!!