19/6/16

Tocando a despedida

Última clase de música dos alumnos e alumnas de 6º curso. Despois de repasar varios conceptos nos xilófonos improvisaron uns fragmentos musicais que quedaron moi bonitos. Podémolos ver e escoitar no seguinte vídeo.

6/6/16

Tocando as frautas doces

Como xa estamos rematando as clases, gravamos este pequeno vídeo con algunhas das partituras que aprenderon  os alumnos e alumnas de 5º e 6º  durante este curso.