21/12/10

Panxoliñas e Outros Cantos de Nadal

Outro ano máis e xa van 13, os coros dos colexios Lois Tobío de Viveiro e o Pedrosa Latas de Celeiro, cantamos para festexar o Nadal o luns, 20 de decembro, na Igrexa de San Francisco.


20/12/10

Acto de Nadal na Casa do Forno

E agora xa toca a entrega de premios e a actuación do coro.


16/12/10

Entrevista a Pedro Rodríguez

Pedro é un rapaz de 17 anos que fai os seus estudios musicais no conservatorio de Música de Viveiro. Está a cursar o 5º curso do grao profesional nas especialidades de piano e clarinete.
Á idade de 10 anos comenza a formar parte do coro do colexio    sendo o seu pianista dende entón.

Este ano compuxo un vilancico que leva por título "Celebrando o Nadal", imos cantalo por 1ª vez no Acto de Nadal do venres, 17 de decembro.

  • Pedro, cal foi o motivo polo que compuxeches esta canción?
  • Dende sempre tiven gusto por improvisar melodías e facer acompañamentos propios e este ano cando Marta me comentou o programa que tiña preparado cos nenos para este Nadal, comenteille que por que non faciamos algo diferente e movido, toqueille un estribillo que lle encantou e ao día seguinte xa o estabamos transcribindo a unha partitura.
  • Por que segues a formar parte do coro?
  • A verdade é que me sinto moi a gusto, xa son moitos recordos e cada ano intento facer cousas diferentes porque sei que aos nenos lles gusta. Este ano en algunha canción introducimos  ritmo de batería e iso lles encanta.
  • Gústache tocar en público?
  • Claro que sí, aos músicos gústanos que se nos escoite, neste Nadal teño que actuar en varios concertos do Conservatorio e tamén acompañarei ao Coro do Colexio de Celeiro nas súas actuacións e espero que  sigan contando conmigo.

Actuacións do coro.

Para este Nadal o coro do colexio ten previsto actuar nos seguintes actos:
  • ACTO DE NADAL: venres, 17 de decembro, ás 20:30 horas, na "Casa do Forno" de Celeiro. Organizado pola ANPA do colexio..
  • CERTAME DE PANXOLIÑAS E OUTROS CANTOS DE NADAL: luns, 20 de decembro, ás 20:30 horas, na Igrexa de San Francisco en Viveiro