27/12/22

RESUMO DO FESTIVAL DE NADAL

 Hoxe deixo dous vídeos do Festival que realizamos o último día antes das vacacións, para que o podades disfrutar neste tempo de lecer.


 

23/12/22

FESTA DE NADAL

E chegamos ao último día do trimestre, un día moi esperado pois estivemos preparando o gran festival de Nadal:

  • Cada titoría preparou un conto, unhas cancións, bailes... para presentar no festival.
  • Este ano o alumnado de 6º curso, xunto coa súa titora Miriam, levou a cabo toda a organización do mesmo: dirección, atrezo, son, gravación, escenografía; encargados do telón, da taquilla, acomodadores... é dicir todos os cometidos necesarios para que todo estivese en perfecta coordinación. Fixéronno moi ben e resultou un festival moi entretido no que todas e todos pasámolo estupendamente!
  • Tamén fixemos a entrega de premios do concurso de decoración de portas. Os gañadores foron as nenas e nenos de 1º de Primaria da mestra Laura. Noraboa polo traballo ben feito!
  • No Instagram do colexio podedes ver anacos das diferentes actuacións




15/12/22

XA CHEGOU O NADAL AO COLEXIO!

Xa estamos rematando o 1º trimestre e no colexio comezamos cos preparativos e actividades de NADAL.

Rematamos a decoración das portas das aulas e coas imaxes fixemos o seguinte vídeo, a modo de  POSTAL de NADAL, para felicitar e  desexar a toda a comunidade educativa un BO NADAL e FELIZ ANINOVO.


 Participamos no Mercadillo Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI  elaborando manualidades e cantando para os residentes e visitantes. Deixamos aquí uns  anacos  da actuación.


 

 

5/12/22

A PORTA VIOLETA de Rozalén

 CANCIÓN PREPARADA  NAS  AULAS DE EDUCACIÓN FÍSICA E EDUCACIÓN MUSICAL.