24/5/20

ENQUISAS para a Aula de Música

Ola nenas e nenos! para esta semana propóñovos realizar unha pequena enquisa
que me axudará a saber se o meu traballo chegou ou non a todos e todas.
Non é un exame nin control, realizarédela de forma voluntaria.
Xa sei que moitos de vós estades a traballar porque me enviáchedes fotos e vídeos dos vosos traballos.
Estou moi contenta do voso esforzo e constancia!        Vémonos no vindeiro curso! 

ENTRADE NA AULA VIRTUAL DE MÚSICA

              

14/5/20

Himno Galego cantado polo alumnado de 6º curso

https://sites.google.com/site/especialcovid19/himno-galegoO reto que lle propuxen ao alumnado de 6º de Primaria quedou cumprido:
Tratábase de cantar o Himno Galego e cada un desde as súas casas para logo realizar un vídeo xuntando as súas voces e imaxes.
Noraboa! porque non é nada fácil e o resultado para min, foi moi satisfactorio.
Tamén quero agradecer a colaboración prestada por todas as familias.






Déixovos tamén un pequeno resumo da última clase de música que tivemos antes do Estado de Alarma.


30/4/20

Os vosos traballos



Déixovos aquí varios vídeos cos traballos realizado por varios compañeiros e compañeiras:

"RESISTIRÉ"
  • David de 4º
  • Cristina de 6º
  • Lucas de 5º 
  • Irene de 6º

"O SON DO AR"
  • Irene de 6º
  • Mar de 6º
  • Carla de 6º 

VARIOS TRABALLOS
  • Paula de 1º
  • Nuno de 2º
  • Ana de 4º
  • Ángela de 6º
  • Pedro G. de 6º
  • Carla de 6º
 
VARIOS TRABALLOS II 
  •  Lucía F.B. de 3º 
  • Diego F. B. de 5º 
  • Paula G. de 1º 
  • Pedro G. de 6º 
  • Pedro A. de 6º
 

VARIOS TRABALLOS III 
  •  Lucía 6º Infantil
  • Cristina 2º 
  • Aldara 2º
  • Antía 3º
  • David 4º
  • David 6º 

24/4/20

HIMNO GALEGO

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DO HIMNO GALEGO
 
https://sites.google.com/site/especialcovid19/himno-galego

19/4/20

Actividades da semana do 20 ao 24 de abril

Xa están postas as actividades de repaso para a semana do 20 ao 24 de abril,
clicade na imaxe e entrades no curso correspondente

MOITO ÁNIMO E SOBRE TODO, COIDÁDEVOS!

https://sites.google.com/site/especialcovid19/

8/4/20

PARA PRACTICAR "O SON DO AR"

Deixo nesta entrada a canción "O SON DO AR" que, como sabedes, é a canción para flauta doce que tocamos sempre no terceiro trimestre.

CLICA NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DA AULA VIRTUAL DE ED. MUSICAL 

https://sites.google.com/site/especialcovid19/o-son-do-ar

1/4/20

"Somos moi artistas"

Hoxe é o Día das Artes Galegas e no colexio "somos moi artistas", polo menos no apartado musical, por iso podemos entreternos ollando a páxina dedicada ás:

ACTIVIDADES MUSICAIS NO CEIP DE CELEIRO

https://sites.google.com/site/corodoceipantoniopedrosalatas/home

 

30/3/20

NOVA PÁXINA DA CANCIÓN "RESISTIRÉ"

"Resistirei" do Dúo Dinámico é unha canción proposta nestes días de confinamento para tocar nos balcóns ou xanelas desde casa.
 É unha canción de superación, e nestes días difíciles baixo o lema # YoMeQuedoEnCasa, propóñovos aprendela, e tocala desde os vosos fogares.
Na seguinte páxina atoparedes a partitura para frauta doce e a letra xunto con varios vídeos.
Xuntos e con responsabilidade conseguiremos frear o virus! Ánimo!

CLICA NA IMAXE PARA ENTRAR
 
https://sites.google.com/site/especialcovid19/resistire

22/3/20

PARA TRABALLAR DENDE A CASA

PRESÉNTOVOS A PÁXINA DA
  • Nela atoparedes moitos consellos para ir traballando nestes días de "quedada na casa".
  • Son propostas de traballo non obrigatorio, pero si as queredes ir mirando sería xenial!
  • Para os que teñades as frautas na clase, non pasa nada, podemos facer o mesmo cun boli, cun pequeno pau ou calquera outra cousa que se vos ocurra. Así podemos practicar igualmente as colocacións dos dedos e as respiracións.
ESPERO VOLVER A VERNOS MOI PRONTO!
MOITOS BICOS!

https://sites.google.com/site/especialcovid19/

18/3/20

12/2/20

10/2/20

CANCIÓNS PARA O ENTROIDO 2020




31/1/20

CANCIÓNS PARA A PAZ


8/1/20

20/12/19

Rematamos o 1º trimestre

Como pasa o tempo! parece que comezamos onte este novo curso e xa rematamos o 1º trimestre!...

Por iso para este último día preparamos actividades especiais como o xa tradicional Festival de Nadal, no que todos os cursos participamos cantando panxoliñas e outros cantos de Nadal. Ademáis as nenas e nenos de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Maricarmen Lázaro, crearon un conto titulado "NADAL COMPARTIDO" que nos fixo reflexionar.

 
Tamén tivemos a visita do APALPADOR que deixou un regalo en cada aula para compartir entre todos.

Para rematar a mañá tivemos sesión de cine, o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso nas diferentes aulas; o alumnado de 3º a 6º curso foron ata CINES VIVEIRO onde poideron disfrutar da película "LA BICICLETA VERDE". Esta actividade forma parte do Programa de Igualdade subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade

VÍDEOS DO FESTIVAL:






19/12/19

Actuación no Mercado Solidario

Outro ano máis que fomos invitados a cantar no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de VIVEIRO.
O coro cantou para os residentes, para as familias e visitantes en xeral e foron moi aplaudidos.
Neste trimestre xa fixemos tres actuacións e mañá cantaremos todos os cursos no FESTIVAL DE NADAL que realizamos cada ano para rematar o 1º trimestre.

No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:


12/12/19

Imos participar no MERCADO SOLIDARIO

O noso colexio participa cantando co coro formado por 50 nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Primaria.
A actuación será o xoves 19 de decembro, ás 17:30 horas e a entrada é libre.

11/12/19

Estamos preparando o Festival de Nadal

Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal que celebraremos todo xuntos o venres, 20 de decembro; estará cheo de panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do alumnado de 6º de Infantil.

6/12/19

Actuación na Inauguración do Belén de Viveiro

O Coro do Colexio foi convidado a actuar na inauguración do Belén: Viveiro ante o Berce.
Formaron o coro nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria.
Para esta actuación prepararon unhas panxoliñas tradicionais e outra de estilo máis moderno.
Pasaron unha tarde estupenda e foron moi aplaudidos. Ao finalizar poideron degustar un bo chocolate con churros.
Dende o colexio agradecemos ao Concello de Viveiro e en especial a Lara Fernández, concelleira de Cultura, a invitación para participar neste acto tan popular no Nadal de Viveiro.

 NOTICIA NA VOZ DE GALICIA

24/11/19

O colexio colabora no Concerto Solidario de Santa Cecilia (Landrove)

O coro do colexio foi invitado a participar no Concerto Solidario de Santa Cecilia  que organizou a Asociación "Pequenos Pasos" de Landrove e que tivo lugar na Igrexa de Landrove o sábado 23 de novembro. Os donativos foron entregados para a investigación do Cancro Infantil. O acto foi todo un éxito e a  Igrexa quedou pequena para acoller a todo o público que se solidarizou coa organización.
O cartel foi compartido co Coro Parroquial de Landrove, o Coro de adultos do Conservatorio, Escolma de Meus e Amigos do Fol.
As nenas e nenos do colexio, de 3º a 6º curso, fixeron unha actuación moi aplaudida por todo o público polo que temos que felicitalos e animalos a seguir disfrutando da música.     Noraboa!!!

A continuación deixámosvos o vídeo resumo da súa actuación