23/11/12

Concerto de Santa Cecilia

Neste concerto tivemos a oportunidade de ver e escoitar ao Dúo de Clarinete e Piano formado por Pedro Rodríguez Pérez e Eloísa Pérez Lage.
Eloísa é profesora do Conservatorio e Pedro é alumno do último curso do Grao Profesional, son nai e fillo e ademáis todos recordamos a Pedro porque foi alumno do noso colexio e o acompañante habitual do Coro.
Foi un concerto excepcional onde ademáis houbo unha segunda parte coa actuación de dúas sopranos e un tenor    (o profesor de canto Vicente Casas) acompañados polo pianista Plácido Travieso.