30/1/10

Día Escolar da Paz e Non Violencia

Cantamos tod@s xunt@s para celebrar o Día da Paz.
Temos que felicitar aos alumn@s de 5º curso: Beatriz, Laura, Diana, Brais e David que fixeron as voces solistas na canción "Que canten os nen@s". Tamén ás alumnas de 6º curso: Raquel, Carla e Nerea que cantaron formidablemente a canción "Imagine" de John Lennon.
Foi unha celebración estupenda e con moita emoción.
A música énchenos de ganas por seguir traballando para conseguir un mundo no que a Paz sexa un valor a lograr cada día.