21/10/22
4/10/22
27/9/22
15/9/22
23/5/22
FESTA DO MAIO
Despois das Letras Galegas, agora toca o turno para a celebración da Festa do Maio.
Na mañá do xoves, 19 de maio, todo o alumnado e profesorado engalanado con sombreiros e colares de flores cantamos e bailamos para festexasr o maio.
Tamén realizamos un gran mural alusivo, o resultado da festa podemos velo no seguinte vídeo:
14/5/22
CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "A voltas coas palabras". MICRORREDE A MARIÑA
Foi unha semana intensa con actividades dinamizadoras moi diversas e moi concurridas polas familias e público en xeral.
Na tarde do venres, 13 de maio, actuaron o Coro do CEIP de Celeiro e o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro.
A mestra de ceremonias foi Karina Parga e o discurso de clausura correu a cargo do coordinador da biblioteca do CEP Lois Tobío, Iván Suárez.
O Coro do colexio, dirixido por Marta Pérez, levou a cabo o programa "A PALABRA FEITA MÚSICA": Contos e poemas musicados.
- Os fabóns máxicos (conto de Hans Christian Andersen)
- O Xigante Seisdedos (conto popular)
- O frautista de Hamelin (conto dos irmáns Grimm)
- Esta non é outra historia de piratas (baseado no conto de María Rolle con música de Marta Pérez)
- Paseniño, paseniño (poema de Rosalía de Castro e música de Marta Pérez)
- Salve, Bandeira! (poema de Florencio Delgado Gurriarán e música de Marta Pérez)
Felicitamos a todas as nenas e nenos que participaron no coro pois fixérono moi ben. Despois do traballo realizado nos ensaios recibiron moitos aplausos e moi merecidos. NORABOA A TOD@S!
Despois do discurso de clausura do profesor Iván Suárez actuou o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro a quen lle agradecemos a súa colaboración co coro do colexio. Tamén participaron no coro os profesores Mada Álvarez e Ricardo González, moitas gracias!.
Foi unha xornada moi intensa e que deixa moi bos recordos.
5/5/22
"EU SON DE CELEIRO" 4º de Infantil
A profesora en prácticas na aula de 4º de Infantil, Dolores, para presentar no seu traballo final, preparou na Aula de Música un retrouso da canción "Eu son de Celeiro". Despois duns pouquiños ensaios quedou así de ben.
2/5/22
26/4/22
18/4/22
CORO PARA A MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA
Este curso imos participar co coro do colexio no proxecto da MICRORREDE: A volta coas palabras
Cantaremos varias cancións de creación propia e outras de Xosé Lueiro.
Paseniño, paseniño (poema de Rosalía de Castro),
Salve, Bandeira Galega (poema de Florencio Delgado Gurriarán),
Piribí, Piribó, Xanciño e os fabóns máxicos, O xigante seisdedos (contos populares)
Outra historia de piratas (letra de María Rolle).
6/4/22
CONTOS E CANCIÓNS PARA O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Para o Día do Libro Infantil o alumnado de 4º de Primaria prepararon tres contos coas súas respectivas cancións:
- "Os fabóns máxicos", de Hans Christian Andersen. Canción: Xanciño e os fabóns de Xosé Lueiro.
- "O bosque encantado", conto popular. Canción: O xigante Seisdedos de Xosé Lueiro
- "O frautista de Hamelin", dos Irmáns Grimm. Canción: Piribí, Piribó de Xose Lueiro.
22/3/22
21/3/22
11/3/22
25/2/22
18/2/22
En Homenaxe a Rosalía de Castro 2022
En homenaxe a
ROSALÍA de CASTRO 2022
Sementando Pensamentos
Canción:
"PASENIÑO, PASENIÑO"
Letra: Rosalía de Castro
Música: Marta Pérez
Interpretada por:
Alumnado do colexio
Aditya Naugain: Guitarra
Magda Álvarez: Guitarra e Voz
Ricardo González: Violín
Xulia Calvo: Voz
Marta Pérez: Piano e Voz
PREMER NAS IMAXES
1/2/22
29/1/22
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
O venres, 28 de xaneiro, celebramos o día escolar da PAZ e NON VIOLENCIA, facendo as seguintes actividades:
- Os nenos e nenas prepararon un precioso mural con desexos, onde colocaron as súas pombas.
- Unha coreografía que prepararon na clase de Ed. Física, coa súa mestra María e, interpretaron a canción "Paz, paz, paz" de Juanes, que prepararon coa mestra Marta, na clase de música.
Presentamos a continuación un vídeo resumo das mesmas.
Esperamos que vos gusten!