29/1/18

CANCIÓNS PARA O ENTROIDO 2018

Este ano o noso Proxecto Documental é Viveiro, o noso Concello, por iso ímonos centrar no Entroido propio de Viveiro e en especial no Enterro da Sardiña.
Preparamos unhas cancións especiais para cantar todos xuntos o xoves, 15 de febreiro.

CLICA NA IMAXE
https://sites.google.com/site/aulademusica1718/home/entroido

8/1/18

CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Este curso imos aprender cancións de diferentes países do mundo:
  • EPO I TAI TAI É (Canción Maorí), é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
  • ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses, trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
  • ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
  • SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985, producida por Quincy Jones e gravada por un gran grupo de músicos famosos formado especialmente para a ocasión que se denominou USA for Africa ( United Support of Artists for Africa). Os beneficios obtidos pola canción foron doados a unha campaña humanitaria para tentar acabar coa tremenda fame negra en Etiopía.
Na seguinte páxina atopamos as músicas e letras das mesmas
Clica na imaxe

VÍDEO DA CELEBRACIÓN 
 

7/1/18

Recordando as nosas cancións no Día da Paz

21/12/17

FESTIVAL DE NADAL 2017

Chegamos ao remate do primeiro trimestre deste curso 2017-2018.
Como xa é tradicional preparamos un Gran Festival e tivemos a visita do Apalpador.



14/12/17

Actuación do coro do colexio no Mercado Solidario

As nenas e nenos que participaron no Mercado Solidario cantando no coro do colexio fixeron unha actuación que foi moi aplaudida tanto polos usuarios da Residencia coma polas súas familias que acudiron a ver o pequeno concerto. Fixéronno moi ben, noraboa!
No seguinte vídeo podemos ver a actuación.

21/11/17

PANXOLIÑAS PARA O NADAL

Nesta páxina atopamos todas as cancións que imos preparar para este NADAL

https://sites.google.com/site/nadal2015pedrosalatas/home/nadal-2017

3/11/17

Vídeos e canción para o Día dos Dereitos da Infancia

Para ver mellor esta presentación tedes que agrandar o Genially na parte baixa do lado dereito, despois pasades o rato polos discos e clicades para ver e escoitar os vídeos.

31/10/17

Cancións para o SAMAÍN

25/10/17

Resultado final do estudo da partitura TITANIC


Músicas para o SAMAÍN

https://sites.google.com/site/aulademusica1718/samain

2/10/17

Canción: O RATO DE BIBLIOTECA


25/9/17

Cancións para o tempo de outono

Este curso aprenderemos estas catro cancións que nos falan do tempo do outono:

5/6/17

As nosas actuacións no curso 16-17

podemos ver os vídeos das cancións 
que preparamos durante o curso

23/5/17

Ensaiando o Himno Galego


6/5/17

Catro vellos mariñeiros

Cantiga popular galega cantada polos nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria.

24/4/17

Regueifando a Maruja Mallo








17/4/17

Canción do MAIO 2017



5/4/17

Canción para VOZ NATURA

 CANCIÓN PARA ELABORAR O VÍDEO PARA PRESENTAR A VOZ NATURA

A base do mesmo é unha canción que vai contando todo o que se fixo no noso colexio para mellorar o Medio Ambiente e as actividades nas que traballamos para educar ao noso alumnado.
Recompilamos fotos antigas para amosar como era o entorno ao rematar as obras do colexio no ano 1986 e fotos actuais. Tamén hai fotos  do alumnado que foi pasando polo colexio e vídeos do alumnado actual: Infantil e Primaria.
  • A letra da canción foi escrita pola mestra Cristina Freán Lamela.
  • A música e a base instrumental creouna o exalumno Pedro Rodríguez Pérez.
  • A coreografía ensaiouna a mestra de Educación física Eva Martínez.
  • E todo o alumnado aprendeu a canción na aula de Música coa mestra Marta Pérez.