21/12/18

FESTIVAL DE NADAL

E xa chegamos ao final do 1º trimestre, todo estaba preparado para o gran día!.
O alumnado de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Cristina Freán, prepararon unha dramatización moi especial do conto "O Apalpador e o arco da vella".
Tamén cantamos as panxoliñas que preparamos para este Nadal na Aula de Música.
Tivemos a visita especial do noso particular Apalpador e por último disfrutamos  dunha pequena sesión de cine nas diferentes aulas. Foi un día moi especial!

16/12/18

Concerto na Igrexa de Celeiro

O coro do colexio foi invitado a cantar na Igrexa Parroquial de Celeiro o domingo, 16 de decembro. Cantaron para as familias e veciños un programa cheo de vilancicos, panxoliñas e cancións e Nadal.
Difrutaron moito e foron moi aplaudidos polo numeroso público que asistiu a este pequeno concerto.


14/12/18

Actividades especiais do colexio

O coro do colexio participou na tarde de onte no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de Viveiro, tamén donamos lotes de tarxetas de Nadal feitas polo noso alumnado.
Foi unha tarde entrañable en familia; as nenas e nenos cantaron para os residentes que os escoitaron con moita atención e foron moi aplaudidos.
Tamén queremos publicar o vídeo da panxoliña inédita deste Nadal "Alo no Portal", con imaxes relacionadas coa ambientación do colexio. Con este vídeo participamos no concurso da CRTVG "A Canción do Nadal 2018".

4/12/18

ACTUACIÓNS DO CORO DO COLEXIO


Preparando o Festival de Nadal

Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal que celebraremos todo xuntos o venres, 21 de decembro; estará cheo de panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do alumnado de 6º de Infantil.

3/12/18

Apadriñamento Lector da aula de Música

Hoxe, o alumnado de 4º curso de Primaria, presentou o Apadriñamento Lector que estiveron preparando estas semanas. Prepararon os textos, a indumentaria, o atrezzo, decorados...
A obra elixida nesta ocasión foi o abra musical 
"Nun mercado persa" 
de Albert William Ketèlby.

É unha pequena composición escrita en 1920 onde  Ketèlbey tenta describir musicalmente o ambiente dun mercado de Bagdad.

A música describe sucesivamente:
  •     A chegada dos  camelleros e o paso  majestuoso das súas monturas.
  •     O canto dos esmoleiros.
  •     A chegada da Princesa.
  •     Os malabaristas e os encantadores de serpes.
  •     O paso solemne do Califa visitando o mercado.
  •     De novo o canto dos esmoleiros, a melodía da princesa e a caravana dos  camelleros afastándose, simbolizando o final do mercado no crepúsculo.