13/6/23

DESPEDIDA DA MESTRA DE MÚSICA MARTA PÉREZ LAGE

Na tarde do sábado, 10 de xuño de 2023, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, realizamos un gran Festival Musical con todo o alumnado do colexio, con motivo da despedida das nenas e nenos de 6º de Primaria, pois marchan xa para o Instituto, e tamén a despedida da mestra de Música, Marta Pérez.

Foi unha tarde moi emotiva!. Cantamos e tocamos cancións que preparamos ao longo do curso na aula de Música.

Como mestra de todas estas nenas e nenos quero felicitalos pois traballaron moito e fixéronno moi ben!

 Con esta última entrada, este blog queda clausurado dado que deixo de exercer como mestra por motivo da miña xubilación.



 

29/3/23

ACTUACIÓN NO CONSERVATORIO DE MÚSICA DE VIVEIRO


 O martes, 28 de marzo, o Coro do CEIP de CELEIRO participou nas Xornadas Corais Infantís que organizou o Conservatorio de Música de Viveiro.
O coro estivo formado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria que cantaron o seguinte repertorio:
  • AKAIHANA
  • POUPURRI DISNEY
  • POUPURRI MARIÑEIRO
  • SIMAMAKA
  • BONSE ABA
  • VOIS SUR TON CHEMIN
  • PASENIÑO, PASENIÑO 
  • TECÍN SOIA A MIÑA TEA
Son cancións que prepararon na aula de Educación Musical para cantar nas celebracións do colexio e que interpretaron no conservatorio con moito éxito. Foron moi aplaudidos por todos os asistenten ao concerto e eles pasáronno moi ben!!!
Temos que agradecer ao Conservatorio a súa invitación e especialmente queremos darlle as gracias a Gonzalo Smaniotto que nos acompañou magníficamente ao piano nas dúas últimas cancións dedicadas a Rosalía de Castro.