CANCIÓN PARA ELABORAR O VÍDEO PARA PRESENTAR A VOZ NATURA
A base do mesmo é unha canción que vai
contando todo o que se fixo no noso colexio para mellorar o Medio
Ambiente e as actividades nas que traballamos para educar ao noso
alumnado.
Recompilamos fotos antigas para amosar
como era o entorno ao rematar as obras do colexio no ano 1986 e fotos
actuais. Tamén hai fotos do alumnado que foi pasando polo colexio e
vídeos do alumnado actual: Infantil e Primaria.
- A letra da canción foi escrita pola mestra Cristina Freán Lamela.
- A música e a base instrumental creouna o exalumno Pedro Rodríguez Pérez.
- A coreografía ensaiouna a mestra de Educación física Eva Martínez.
- E todo o alumnado aprendeu a canción na aula de Música coa mestra Marta Pérez.