Estas semanas non puiden estar con vós e foi o profe Mario o que vos preparou as cancións para o Día da Paz. Fixo un bo traballo e sei que o pasáchedes moi ben con el.
Grazas Mario!
Estas semanas non puiden estar con vós e foi o profe Mario o que vos preparou as cancións para o Día da Paz. Fixo un bo traballo e sei que o pasáchedes moi ben con el.
Grazas Mario!
Tal e como vos dixen no primeiro trimestre: "vou realizar unha páxina para aprender e repasar a frauta doce".
Na seguinte páxina atoparedes vídeos titoriais para comezar coas primeiras notas e tamén vídeos para repasar partituras que xa coñecedes. Preme na imaxe para entrar na páxina.
Vídeo-Postal de Nadal para conmemorar o día Internacional das persoas con discapacidade
Nas clases de Educación Musical imos aprender a canción para a Biblioteca Escolar "Libros na Bibliosoños".
A letra e a música foi realizada por Marta Pérez e Pedro Rodríguez no ano 2011 e este curso volveremos a traballala.
No vídeo presentamos a nova Biblioteca Escolar
Comezamos un novo curso pero cunhas características moi especiais motivadas polo COVID-19
Rematamos o pasado curso dun xeito moi diferente e tócanos comezar outro novo, adaptándonos ás novas circunstancias.
A nova aula de música que viñamos disfrutando, queda á espera de mellores tempos e con ela, todos os instrumentos e aparellos musicais.
A clase de música farémola nas vosas "aulas burbulla"; as frautas quedarán para ser tocadas nas vosas casas e cantar... pero non imos cantar?. Buscaremos o xeito máis seguro para facelo (escoitando...ao aire libre...).
Para traballar dende as aulas fixen unha AULA VIRTUAL, para que tamén a podades seguir desde as vosas casas para repasar, ou para traballar a frauta doce, ou por si tivésemos que quedarnos na casa en corentena.
Imos aprender e disfrutar da música respectando todas as normas que nos recomendan desde o colexio e esperemos que moi pronto... todo volva á normalidade.
VIVA A MÚSICA!!!

Para rematar a mañá tivemos sesión de cine, o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso nas diferentes aulas; o alumnado de 3º a 6º curso foron ata CINES VIVEIRO onde poideron disfrutar da película "LA BICICLETA VERDE". Esta actividade forma parte do Programa de Igualdade subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade