E xa chegamos ao final do 1º trimestre, todo estaba preparado para o gran día!.
O alumnado de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Cristina Freán, prepararon unha dramatización moi especial do conto "O Apalpador e o arco da vella".
Tamén cantamos as panxoliñas que preparamos para este Nadal na Aula de Música.
Tivemos
a visita especial do noso particular Apalpador e por último
disfrutamos dunha pequena sesión de cine nas diferentes aulas. Foi un
día moi especial!
O coro do colexio foi invitado a cantar na Igrexa Parroquial de Celeiro o domingo, 16 de decembro. Cantaron para as familias e veciños un programa cheo de vilancicos, panxoliñas e cancións e Nadal.
Difrutaron moito e foron moi aplaudidos polo numeroso público que asistiu a este pequeno concerto.
O coro do colexio participou na tarde de onte no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de Viveiro, tamén donamos lotes de tarxetas de Nadal feitas polo noso alumnado.
Foi unha tarde entrañable en familia; as nenas e nenos cantaron para os residentes que os escoitaron con moita atención e foron moi aplaudidos.
Tamén queremos publicar o vídeo da panxoliña inédita deste Nadal "Alo no Portal", con imaxes relacionadas coa ambientación do colexio. Con este vídeo participamos no concurso da CRTVG "A Canción do Nadal 2018".
Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal
que celebraremos todo xuntos o venres, 21 de decembro; estará cheo de
panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do
alumnado de 6º de Infantil.
Hoxe, o alumnado de 4º curso de Primaria, presentou o Apadriñamento Lector que estiveron preparando estas semanas. Prepararon os textos, a indumentaria, o atrezzo, decorados...
A obra elixida nesta ocasión foi o abra musical
"Nun mercado persa"
de Albert William Ketèlby.
É unha pequena composición escrita en 1920 onde Ketèlbey tenta describir musicalmente o ambiente dun mercado de Bagdad.
A música describe sucesivamente:
A chegada dos camelleros e o paso majestuoso das súas monturas.
O canto dos esmoleiros.
A chegada da Princesa.
Os malabaristas e os encantadores de serpes.
O paso solemne do Califa visitando o mercado.
De novo o canto dos esmoleiros, a melodía da princesa e a caravana dos camelleros afastándose, simbolizando o final do mercado no crepúsculo.
Para traballar o Día dos Dereitos da Infancia podemos repasar moitas das cancións que xa traballamos en cursos anteriores. Atopámolas na páxina seguinte:
Este curso volvemos a traballar a canción O RATO DE BIBLIOTECA pois o autor do poema, Xoán Neira, vainos visitar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro).
Comezamos aprendendo unha fermosa canción do OUTONO. Pertence a un poema do poeta Xoán Neira e foi musicada por Manuel Rodríguez.
No seguiente vídeo podemos escoitar ao coro do colexio cantando na festa do magosto no ano 2009.
O alumnado de 6º curso na Aula de Educación Musical, rematando xa o curso e o seu paso polo colexio, déixannos unhas pequenas improvisacións nos xilófonos.
Este vídeo vai adicado a todos eles como pequeno recordo da clase de Música.
A vosa profesora deséxavos moitos éxitos na vosa nova etapa da Educación Secundaria. Seguide sendo uns bos alumnos e alumnas, así vos recordarei eu. MOITA SORTE!!!
Este curso o alumnado de 3º curso, xunto coa súa titora Xulia Calvo,
traballaron a obra de Teatro Escolar "Un ben... con outro ben" da autora
Anisia Miranda.
Primeiramente fixeron diferentes grupos e realizaron unha lectura dramatizada nos cursos de 2º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Pero para presentala aos compañeiros de Infantil e 1º curso fixeron unha
dramatización no teatro do colexio, na mañá do xoves 3 de maio.
Ademais da dramatización prepararon na aula de música un Romance baseado na obra e que cantaron ao final da representación. A letra e a música preparouna o profesora de Educación Musical: Marta Pérez.
Busca celebrar a universalidade desa arte,
atravesando todas as barreiras políticas, culturais e étnicas.
Celébrase
desde 1982, por iniciativa do CID-UNESCO. A data elixida, coincide coa
data do nacemento de Jean-Georges Noverre (1727-1810), creador do Ballet Moderno.
Na aula de música aprendemos diferentes danzas populares do mundo.
Aos máis pequenos gústalles a "Danza do Zapateiro".
É unha danza popular de Dinamarca, báilase en parellas e ten tres pasos diferentes: cosemos, clavamos e bailamos.
No seguinte vídeo podemos ver ao alumnado de 5º e 6º de Infantil.
Este ano o noso Proxecto Documental é Viveiro, o noso Concello, por iso ímonos centrar no Entroido propio de Viveiro e en especial no Enterro da Sardiña.
Preparamos unhas cancións especiais para cantar todos xuntos o xoves, 15 de febreiro.
Este curso imos aprender cancións de diferentes países do mundo:
EPO I TAI TAI É (Canción Maorí),
é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses,
trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985, producida por Quincy Jones e gravada por un gran grupo de músicos famosos formado especialmente para a ocasión que se denominou USA for Africa ( United Support of Artists for Africa). Os beneficios obtidos pola canción foron doados a unha campaña
humanitaria para tentar acabar coa tremenda fame negra en Etiopía.
Na seguinte páxina atopamos as músicas e letras das mesmas
As nenas e nenos que participaron no Mercado Solidario cantando no coro do colexio fixeron unha actuación que foi moi aplaudida tanto polos usuarios da Residencia coma polas súas familias que acudiron a ver o pequeno concerto. Fixéronno moi ben, noraboa!
Para ver mellor esta presentación tedes que agrandar o Genially na parte baixa do lado dereito, despois pasades o rato polos discos e clicades para ver e escoitar os vídeos.
CANCIÓN PARA ELABORAR O VÍDEO PARA PRESENTAR A VOZ NATURA
A base do mesmo é unha canción que vai
contando todo o que se fixo no noso colexio para mellorar o Medio
Ambiente e as actividades nas que traballamos para educar ao noso
alumnado.
Recompilamos fotos antigas para amosar
como era o entorno ao rematar as obras do colexio no ano 1986 e fotos
actuais. Tamén hai fotos do alumnado que foi pasando polo colexio e
vídeos do alumnado actual: Infantil e Primaria.
A letra da canción foi escrita pola mestra Cristina Freán Lamela.
A música e a base instrumental creouna o exalumno Pedro Rodríguez Pérez.
A coreografía ensaiouna a mestra de Educación física Eva Martínez.
E todo o alumnado aprendeu a canción na aula de Música coa mestra Marta Pérez.
How many roads must a man walk down
Before you call him a man
How many seas must a white dove sail
Before she sleeps in the sand
How many times must the cannonballs fly
Before they are forever banned
The answer, my friend, is blowing in the wind
The answer is blowing in the wind
How many years can a mountain exist
Before it is washed to the sea
How many years can some people exist
Before they're allowed to be free
How many times can a man turn his head
And pretend that he just doesn't see
The answer, my friend, is blowing in the wind
The answer is blowing in the wind
How many times must a man look up
Before he can see the sky
How many ears must one man have
Before he can hear people cry
How many deaths will it take
Till he knows
That too many people have died
The answer, my friend, is blowing in the wind
The answer is blowing in the wind
Coa chegada do novo ano comezamos no mes de xaneiro a preparar as cancións que cantaremos o Día da Paz, (luns, 30 de xaneiro). Podemos atopalas na seguinte páxina, clica na imaxe.
Esta canción sobre o MAGOSTO, do CD 13 Lúas, imos aprendela para cantar o Día do Magosto no noso colexio o venres 11 de novembro (San Martiño).
Tamén cantaremos moitas das cancións que aparecen NESTE ENLACE.
Última clase de música dos alumnos e alumnas de 6º curso. Despois de repasar varios conceptos nos xilófonos improvisaron uns fragmentos musicais que quedaron moi bonitos. Podémolos ver e escoitar no seguinte vídeo.
Como xa estamos rematando as clases, gravamos este pequeno vídeo con algunhas das partituras que aprenderon os alumnos e alumnas de 5º e 6º durante este curso.
O CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro forma parte da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA e dentro do proxecto deste curso "Os soños de Manuel María", correspondeunos realizar a nosa actividade dinamizadora o xoves, 12 de maio.
NESTA PÁXINA atopamos todas as cancións que imos cantar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o xoves, 12 de maio, dentro do Proxecto Colaborativo: Microrrede PLAMBE A MARIÑA, este ano adicado a Manuel María.
Os nenos e nenas de 6º curso acaban de gravar na Bibliosoños o, xa tradicional, vídeo conmemorativo para celebrar o día da Paz e Non Violencia. Este ano a canción elexida é Rumba das apertas de Magín Blanco.
O domingo, 22 de novembro, é o Día de Santa Icía (Santa Cecilia), patrona dos músicos e como cada ano a Banda Municipal de Música de Viveiro fai un concerto extraordinario no Teatro Pastor Díaz, tal e como queda recollido no seguinte artículo de LA VOZ DE GALICIA.
A BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO nace a partir da Banda de Exploradores,
fundada no ano 1918 por D. Juan Latorre Capón, aínda que existen datos
que aseguran que xa a finais do século XIX existía na vila unha
agrupación similar. Ben é certo que dita Banda de Exploradores é a
primeira formación consolidada que se instaura en Viveiro. Poucos anos
máis tarde o Concello faise cargo da mesma asumindo os gastos que
conleva a Escola de Música. Sucedéronlle a D. Juan Latorre dous
directores de recoñecido prestixio no ámbito musical galego, que foron
D. Higinio Cambeses, gran propulsor das Bandas Populares, e D. Jesús
Pérez Rivas, musicólogo viveirense e fundador do Corpo de directores de
Banda. En 1944, trala marcha deste último e durante trece anos, houbo
actuacións esporádicas da Banda, baixo a dirección de D. Ramón Amor
García.
En 1957, iniciase unha segunda etapa desta agrupación que se mantén sen
interrupción ata o día de hoxe. O seu director foi D. Alfonso Mariño
Parapar, que abandoa a formación para perfeccionalos seus estudios
durante dous anos, nos que se fai cargo da dirección D. Antonio Amigo,
volvendo o primeiro en 1959 e manténdose ao cargo da mesma ata 1992, ano
da súa xubilación. É substituido en breve período de tempo por D. Carlos
Méndez. En 1993 faise cargo da dirección D. Francisco Javier Vidal
Suárez ata o ano 2005. De 2006 ata 2015 faise cargo da banda D. Delio
Represas Carrera.
Entre os datos que merecen unha mención especial hai que destacar que a
Banda de Viveiro foi a primeira de Galicia en incorporar mulleres á súa
configuración e a pioneira das Bandas Xuveniles, a partir do ano 1973,
tales circunstancias serviron de inspiración para a constitución doutras
Bandas de similares características.
Actualmente, dende Xullo de 2015 asume a dirección da agrupación D.
Carlos Timiraos Timiraos.
Pais, nais, fillos e fillas conforman esta agrupación dando conta do
grande espírito familiar que a fan posible e do arraigo có que conta no
pobo de Viveiro.
Os nenos e nenas de 6º de Infantil están a traballar sobre GALICIA e chegaron ao apartado da Música e Baile Tradicional e para que poidesen escoitar e ver en directo as cualidades do noso folklore, a súa profesora Inés organizou un pequeno concerto didáctico.
Visitounos un cuarteto de Música Tradicional "Non cho digo" formado por dúas gaitas, tamboril e bombo; pero ademais, a profesora Eva, trouxo os seus traxes de baile e axudadas polas profesoras Rita e Lucía explicaronlles a todos os nenos e nenas as características de cada un deles.
Organizamos unha pequena romaría cantando e bailando todos xuntos. Pasámolo estupendamente!
Agradecemos aos compoñentes do cuarteto: Samuel, Rafa, Fran e Adrián a súa visita e a súa gran clase e concerto.
O martes,17 de novembro, tivemos a oportunidade de contar no noso colexio cunha sección da BANDA DE MÚSICA de Viveiro. Ensináronnos os diferentes instrumentos dos que se compón unha Banda de Música, as súas características, os seus sons... Interpretaron varios temas musicais e poidemos probar os diferentes instrumentos.
Tamén nos invitaron a coñecer as instalacións onde ensaian e alí coñecer todo o que se pode facer pertencendo á Banda de Música.
O vindeiro sábado, 21 de novembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro farán o Concerto Tradicional de Santa Cecilia (22 de novembro) que é a patrona dos músicos.
O Coro do Colexio actuou na Igrexa de Celeiro para todas as familias dos nenos e nenas que participan este curso no Coro.
Foi unha actuación estupenda pois tocamos e cantamos as Panxoliñas que preparamos neste 1º trimestre. Recibimos moitos aplausos e dixéronnos que lles gustou moito o noso repertorio de Nadal.
O Coro do colexio vai actuar o domingo, 21 de decembro, a partir das 12:30 horas, na Igrexa de Celeiro.
A actuación formará parte dun acto no que se entregarán os premios dos Certames de Postais e Poesías do Nadal que convocan tanto o Grupo de Catequese como a asociación de Pais /Nais do colexio.