Mostrando entradas con la etiqueta O noso coro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O noso coro. Mostrar todas las entradas

19/5/09

Fin da actividade extraescolar de CORO

Despois da actuación final de curso no Conservatorio de Viveiro, os nenos e nenas do coro tivemos unha festa no colexio:
  • Primeiro vimos un vídeo coa nosa actuación.
  • A nosa profesora entregounos un diploma de participación.
  • Comimos, bebimos, cantamos, bailamos, xogamos e pasámolo moi ben!
  • O vindeiro curso volveremos a participar no coro e seguro que seremos moitos máis.
  • Un beso moi grande para os nen@s de 6º que xa marchan para o Instituto. Seguro que se han de acordar de nós.

25/4/09

AGRUPACIÓN CORAL E INSTRUMENTAL
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
CELERIO-VIVEIRO

ANTECEDENTES.-
Dende o ano 1998 logrouse formar unha pequena agrupación coral e instrumental para participar nas festividades que organiza o propio Centro, pero tamén son asiduos participantes en diferentes certames como os organizados pola Xunta de Galicia: Panxoliñas e outros Cantos de Nadal, Entre nós en galego, ou nas Xornadas de Corais Infantís que organiza o Conservatorio de Viveiro.
A Agrupación Instrumental e Coral do Ceip A. Pedrosa Latas está formado por nenos e nenas que cursan de 3º a 6º de primaria e que preparan o seu repertorio durante o tempo do recreo, un ou dous días á semana, sempre en vísperas dalgunha actuación.

NOVA PROPOSTA.-
Con motivo da implantación da xornada continuada no curso 2008-2009, o Centro, xunto con outras institucións, planificou unha serie de actividades extraescolares para tódolos días da semana e, entre elas, quere consolidar esta agrupación, polo que vemos necesario a elaboración dunha serie de normas para que, tanto os nenos/as e as familias, as teñan en conta e fagan así posible conquerir unha agrupación estable.

NORMAS.-
Poden formar parte desta agrupación alumnos/as do centro que cursen 3º, 4º, 5º e 6º curso.
Deben ter gusto pola música, que non sexa unha obligación asistir a esta actividade, que disfruten co que se vai a facer.
Unha vez que se comeza deben acudir con asiduidade, salvo falta xustificada por enfermidade…
Unha vez que se pertence a esta agrupación hai que repetar as normas de coidado do instrumental e tódolos materiais que se estean a utilizar, así coma respetar aos compañeiros/as e á profesora.
Asistir ás actuacións que se programen durante o curso, tanto no colexio coma en actividades extraescolares.
Ser consciente de que o incumprimento e falta de compromiso coa actividade pode repercutir no conxunto da agrupación. Hai que ser responsables.

HORARIOS.-
Os ensaios levaranse a cabo tódolos luns lectivos, distribuidos nos seguintes horarios:
5º e 6º curso: de 16:00 a 17:00 horas
3º e 4º curso: de 16:30 a 17:30 horas
O horario dividirase en tres fases:
30 minutos de clase individual con 5º e 6º.
30 minutos de ensaio conxunto: 3º, 4º, 5º e 6º.
30 minutos de clase individual con 3º e 4º.