Foi unha semana intensa con actividades dinamizadoras moi diversas e moi concurridas polas familias e público en xeral.
Na tarde do venres, 13 de maio, actuaron o Coro do CEIP de Celeiro e o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro.
A mestra de ceremonias foi Karina Parga e o discurso de clausura correu a cargo do coordinador da biblioteca do CEP Lois Tobío, Iván Suárez.
O Coro do colexio, dirixido por Marta Pérez, levou a cabo o programa "A PALABRA FEITA MÚSICA": Contos e poemas musicados.
- Os fabóns máxicos (conto de Hans Christian Andersen)
- O Xigante Seisdedos (conto popular)
- O frautista de Hamelin (conto dos irmáns Grimm)
- Esta non é outra historia de piratas (baseado no conto de María Rolle con música de Marta Pérez)
- Paseniño, paseniño (poema de Rosalía de Castro e música de Marta Pérez)
- Salve, Bandeira! (poema de Florencio Delgado Gurriarán e música de Marta Pérez)
Felicitamos a todas as nenas e nenos que participaron no coro pois fixérono moi ben. Despois do traballo realizado nos ensaios recibiron moitos aplausos e moi merecidos. NORABOA A TOD@S!
Despois do discurso de clausura do profesor Iván Suárez actuou o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro a quen lle agradecemos a súa colaboración co coro do colexio. Tamén participaron no coro os profesores Mada Álvarez e Ricardo González, moitas gracias!.
Foi unha xornada moi intensa e que deixa moi bos recordos.