Chegou o día da clausura da Exposición Conxunta da MICRORREDE A MARIÑA:
"A voltas coas palabras"
Foi unha semana intensa con actividades dinamizadoras moi diversas e moi concurridas polas familias e público en xeral.
Na tarde do venres, 13 de maio, actuaron o Coro do CEIP de Celeiro e o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro.
A mestra de ceremonias foi Karina Parga e o discurso de clausura correu a cargo do coordinador da biblioteca do CEP Lois Tobío, Iván Suárez.
O Coro do colexio, dirixido por Marta Pérez, levou a cabo o programa "A PALABRA FEITA MÚSICA": Contos e poemas musicados.
Os fabóns máxicos (conto de Hans Christian Andersen)
O Xigante Seisdedos (conto popular)
O frautista de Hamelin (conto dos irmáns Grimm)
Esta non é outra historia de piratas (baseado no conto de María Rolle con música de Marta Pérez)
Paseniño, paseniño (poema de Rosalía de Castro e música de Marta Pérez)
Salve, Bandeira! (poema de Florencio Delgado Gurriarán e música de Marta Pérez)
Felicitamos a todas as nenas e nenos que participaron no coro pois fixérono moi ben. Despois do traballo realizado nos ensaios recibiron moitos aplausos e moi merecidos. NORABOA A TOD@S!
Despois do discurso de clausura do profesor Iván Suárez actuou o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro a quen lle agradecemos a súa colaboración co coro do colexio. Tamén participaron no coro os profesores Mada Álvarez e Ricardo González, moitas gracias!.
Foi unha xornada moi intensa e que deixa moi bos recordos.
A profesora en prácticas na aula de 4º de Infantil, Dolores, para presentar no seu traballo final, preparou na Aula de Música un retrouso da canción "Eu son de Celeiro". Despois duns pouquiños ensaios quedou así de ben.