18/12/09
Panxoliñas e outros Cantos de Nadal
O sábado, 19 de decembro, na Igrexa de Celeiro, terá lugar por 2º ano, o ACTO DE NADAL, onde a ANPA do colexio entregará os premios de Postais e Poesías de Nadal.
Tamén actuará o coro do colexio.
Podemos ver algúns vídeos.
21/11/09
Día 22 de novembro, Santa Cecilia, patrona dos músicos.
Cecilia de Roma, coñecida como santa Cecilia (en latín sancta Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo, que -segundo a tradición- foi martirizada pola súa fe entre o ano 180 e 230.
A Igrexa católica e a Ortodoxa conmemoran a súa morte o 22 de novembro.
Na Igrexa católica, é patroa da música, dos poetas, dos cegos (como santa Lucía de Siracusa) e das cidades de Albi (Francia) , Omaha (estado de Nebraska, EE. UU.) e Mar da Prata (Arxentina).
Os seus atributos son o órgano, o laúde e as rosas.
En honra a ela, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do século XIX recibiu o nome de cecilianismo.
Nestas datas en todos os pobos, vilas e cidades, celébranse concertos onde as bandas Municipais, Corais Polifónicas e outras agrupacións musicais, adquiren gran relevancia.
Se temos oportunidade temos que acudir a estes concertos.
17/11/09
Cantamos e tocamos no Magosto
Despois dos ensaios veñen as actuacións , agora toca cantar no Magosto.
Primeiro degustamos as ricas castañas .
Tocamos coas frautas doces a Canción dos trovadores.
Despois cantamos unha canción fermosísima que compuxo Manuel Rodríguez, con letra de Xoán Neira, trátase da Canción de Outono.
Por último cantamos unha canción popular galega: Castañas no magosto, máis coñecida por Non chas quero.
19/10/09
CANCIÓN PARA A MASCOTA DA BIBIOTECA
A mascota da Bibliosoños ten unha canción que estamos a aprender todos os nenos e nenas do colexio e en especial os que formamos parte do Coro. O estribillo ou retrouso dice así:
RUFO, RUFO É UN GRAN LECTOR
LE MOITOS LIBROS DE CIENCIA FICCIÓN
CONTOS, COMICS A MOGOLLÓN
HISTORIAS DE MEDO, POEMAS DE AMOR.
Aquí podedes atopar a letra completa e máis a partitura
ESTE VÍDEO PERTENCE AOS ENSAIOS DA CANCIÓN
PARA INTERPRETALA O DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
19/5/09
Fin da actividade extraescolar de CORO
- Primeiro vimos un vídeo coa nosa actuación.
- A nosa profesora entregounos un diploma de participación.
- Comimos, bebimos, cantamos, bailamos, xogamos e pasámolo moi ben!
- O vindeiro curso volveremos a participar no coro e seguro que seremos moitos máis.
- Un beso moi grande para os nen@s de 6º que xa marchan para o Instituto. Seguro que se han de acordar de nós.
16/5/09
Actuación do coro do colexio no Conservatorio.
29/4/09
XORNADAS CORAIS INFANTIS
6º curso: Chopstik
Variacións para xilos.
5º curso: Canon Pachelbel
Tema do Príncipe Igor
FRAUTAS E XILOS.
--La feria --El payaso
--Melodía --Canon a 2 --Ocarina --O Son do Ar
CANTADAS.
--Populares Galegas
--Que canten os nenos
--Sueña (El jorobado de Notre Dame)
25/4/09
ACTUACIÓNS NO MES DE NADAL 2008
MARTES , 16 DE DECEMBRO DE 2008 ÁS 20:30 H. NA IGREXA DE SAN FRANCISCO (VIVEIRO) Programa do Colexio Lois Tobío : Tres Cantigas de Santa María Quen poidera namorala Riu , riu , chiu Pandeirada Vinde velo Neno Dirixe o coro Manuel Rodríguez González Programa do Colexio de Vieiro : Panxoliña : Unha pouca roupiña Dirixen os mestres : Aurora e Luis Programa do Colexio Pedrosa Latas de Celeiro : A run run , meu neno Adeste Fideles Gloria in Excelsis Deo Xuntos queremos cantar Despedida de Ano Vello As Campás do Nadal Dirixe o coro : Marta Pérez Lage Como remate do acto , cantamos todos xuntos : Abre as portas Xesús . MÉRCORES, 17 DE DECEMBRO. ÁS 17:30 H. CLUB DE XUBILADOS DE CAIXA GALICIA DE VIVEIRO. SÁBADO, 20 DECEMBRO ÁS 20:30 H. IGREXA SANTIAGO APÓSTOL DE CELEIRO.
AGRUPACIÓN CORAL E INSTRUMENTAL
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
CELERIO-VIVEIRO
ANTECEDENTES.-
Dende o ano 1998 logrouse formar unha pequena agrupación coral e instrumental para participar nas festividades que organiza o propio Centro, pero tamén son asiduos participantes en diferentes certames como os organizados pola Xunta de Galicia: Panxoliñas e outros Cantos de Nadal, Entre nós en galego, ou nas Xornadas de Corais Infantís que organiza o Conservatorio de Viveiro.
A Agrupación Instrumental e Coral do Ceip A. Pedrosa Latas está formado por nenos e nenas que cursan de 3º a 6º de primaria e que preparan o seu repertorio durante o tempo do recreo, un ou dous días á semana, sempre en vísperas dalgunha actuación.
NOVA PROPOSTA.-
Con motivo da implantación da xornada continuada no curso 2008-2009, o Centro, xunto con outras institucións, planificou unha serie de actividades extraescolares para tódolos días da semana e, entre elas, quere consolidar esta agrupación, polo que vemos necesario a elaboración dunha serie de normas para que, tanto os nenos/as e as familias, as teñan en conta e fagan así posible conquerir unha agrupación estable.
NORMAS.-
Poden formar parte desta agrupación alumnos/as do centro que cursen 3º, 4º, 5º e 6º curso.
Deben ter gusto pola música, que non sexa unha obligación asistir a esta actividade, que disfruten co que se vai a facer.
Unha vez que se comeza deben acudir con asiduidade, salvo falta xustificada por enfermidade…
Unha vez que se pertence a esta agrupación hai que repetar as normas de coidado do instrumental e tódolos materiais que se estean a utilizar, así coma respetar aos compañeiros/as e á profesora.
Asistir ás actuacións que se programen durante o curso, tanto no colexio coma en actividades extraescolares.
Ser consciente de que o incumprimento e falta de compromiso coa actividade pode repercutir no conxunto da agrupación. Hai que ser responsables.
HORARIOS.-
Os ensaios levaranse a cabo tódolos luns lectivos, distribuidos nos seguintes horarios:
5º e 6º curso: de 16:00 a 17:00 horas
3º e 4º curso: de 16:30 a 17:30 horas
O horario dividirase en tres fases:
30 minutos de clase individual con 5º e 6º.
30 minutos de ensaio conxunto: 3º, 4º, 5º e 6º.
30 minutos de clase individual con 3º e 4º.