Para celebrar o Samaín aprenderemos esta canción de Jesús Pareja e cantado polo alumnado de 5º de Primaria.
PREME NA IMAXE
Para celebrar o Samaín aprenderemos esta canción de Jesús Pareja e cantado polo alumnado de 5º de Primaria.
PREME NA IMAXE
O venres 22 de outubro celebraremos o Día da Biblioteca e desde a aula de Música imos aprender a canción "Unha festa especial".
Deixovos aquí dous vídeos da canción, o primeiro foi gravado no ano 2010 e o segundo é un traballo do ano 2019.
Seguimos traballando no Proxecto CONTOS E CANTOS:
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co natalicio do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo, é espertar o interese e amor polos libros e a lectura dos nenos e novos e facer diso, un hábito de vida.
Para conmemorar esta data realizamos dous vídeos que recollen dous contos:
"Alicia no país das marabillas"de Lewis Carroll (Alumnado de 4º de Primaria)
"Os músicos de Bremen"dos Irmáns Grimm (Alumnado de 3º de Primaria)
Estes traballos forman parte do proxecto "CONTOS E CANTOS" que levamos a cabo dentro da dinamización da Biblioteca Escolar e da Lingua Galega coa colaboración especial das titoras Xulia e Rosa e a profesora de Música.
Deixo nesta entrada as cancións que cantamos para a chegada da primavera:
Alumnado de 6º Infantil e alumnado de 1º e 2º de Primaria
Deixo nesta entrada o vídeo que realicei para presentar o poema musicado de Rosalía de Castro e que traballaremos nas aulas para homenaxeala.
"NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN"
CANTARES GALEGOS
MÁIS CANCIÓNS PARA ROSALÍA
PREME NA IMAXE
Estas semanas non puiden estar con vós e foi o profe Mario o que vos preparou as cancións para o Día da Paz. Fixo un bo traballo e sei que o pasáchedes moi ben con el.
Grazas Mario!
Tal e como vos dixen no primeiro trimestre: "vou realizar unha páxina para aprender e repasar a frauta doce".
Na seguinte páxina atoparedes vídeos titoriais para comezar coas primeiras notas e tamén vídeos para repasar partituras que xa coñecedes. Preme na imaxe para entrar na páxina.