Para traballar o Día dos Dereitos da Infancia podemos repasar moitas das cancións que xa traballamos en cursos anteriores. Atopámolas na páxina seguinte:
Este curso volvemos a traballar a canción O RATO DE BIBLIOTECA pois o autor do poema, Xoán Neira, vainos visitar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro).
Comezamos aprendendo unha fermosa canción do OUTONO. Pertence a un poema do poeta Xoán Neira e foi musicada por Manuel Rodríguez.
No seguiente vídeo podemos escoitar ao coro do colexio cantando na festa do magosto no ano 2009.
O alumnado de 6º curso na Aula de Educación Musical, rematando xa o curso e o seu paso polo colexio, déixannos unhas pequenas improvisacións nos xilófonos.
Este vídeo vai adicado a todos eles como pequeno recordo da clase de Música.
A vosa profesora deséxavos moitos éxitos na vosa nova etapa da Educación Secundaria. Seguide sendo uns bos alumnos e alumnas, así vos recordarei eu. MOITA SORTE!!!
Este curso o alumnado de 3º curso, xunto coa súa titora Xulia Calvo,
traballaron a obra de Teatro Escolar "Un ben... con outro ben" da autora
Anisia Miranda.
Primeiramente fixeron diferentes grupos e realizaron unha lectura dramatizada nos cursos de 2º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Pero para presentala aos compañeiros de Infantil e 1º curso fixeron unha
dramatización no teatro do colexio, na mañá do xoves 3 de maio.
Ademais da dramatización prepararon na aula de música un Romance baseado na obra e que cantaron ao final da representación. A letra e a música preparouna o profesora de Educación Musical: Marta Pérez.
Busca celebrar a universalidade desa arte,
atravesando todas as barreiras políticas, culturais e étnicas.
Celébrase
desde 1982, por iniciativa do CID-UNESCO. A data elixida, coincide coa
data do nacemento de Jean-Georges Noverre (1727-1810), creador do Ballet Moderno.
Na aula de música aprendemos diferentes danzas populares do mundo.
Aos máis pequenos gústalles a "Danza do Zapateiro".
É unha danza popular de Dinamarca, báilase en parellas e ten tres pasos diferentes: cosemos, clavamos e bailamos.
No seguinte vídeo podemos ver ao alumnado de 5º e 6º de Infantil.
Este ano o noso Proxecto Documental é Viveiro, o noso Concello, por iso ímonos centrar no Entroido propio de Viveiro e en especial no Enterro da Sardiña.
Preparamos unhas cancións especiais para cantar todos xuntos o xoves, 15 de febreiro.
Este curso imos aprender cancións de diferentes países do mundo:
EPO I TAI TAI É (Canción Maorí),
é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses,
trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985, producida por Quincy Jones e gravada por un gran grupo de músicos famosos formado especialmente para a ocasión que se denominou USA for Africa ( United Support of Artists for Africa). Os beneficios obtidos pola canción foron doados a unha campaña
humanitaria para tentar acabar coa tremenda fame negra en Etiopía.
Na seguinte páxina atopamos as músicas e letras das mesmas
As nenas e nenos que participaron no Mercado Solidario cantando no coro do colexio fixeron unha actuación que foi moi aplaudida tanto polos usuarios da Residencia coma polas súas familias que acudiron a ver o pequeno concerto. Fixéronno moi ben, noraboa!