22/2/17

Bases instrumentais para as partituras de flauta

http://mariajesusmusica.wixsite.com/santamaria


http://mariajesusmusica.wixsite.com/hallelujah

http://mariajesusmusica.wix.com/vida-bella

AKAIHANA

18/2/17

ROSALÍA-TE


Participamos na proposta que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  promove para este venres, 17 de febreiro: Rosalía Te
  • Caracterizámonos de Rosalía e marchamos cara á Praza do Chao onde lemos e cantamos poemas de Rosalía.  
  • As cancións que cantamos con poemas de Rosalía foron musicados por Marta Pérez e Pedro Rodríguez. 
  • No seguinte vídeo podemos ver un resumo do acto:
 

7/2/17

Cancións para o Entroido 2017

Este ano a temática do noso Entroido é sobre a pintura: pintores, cadros...




31/1/17

Para cantar o Día de Rosalía de Castro


Celebramos o Día da Paz

Como todos os anos celebramos todos xuntos, cantando e bailando, o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

8/1/17

Cancións para o Día da Paz 2017

Coa chegada do novo ano comezamos no mes de xaneiro a preparar as cancións que cantaremos o Día da Paz, (luns, 30 de xaneiro). Podemos atopalas na seguinte páxina, clica na imaxe.

https://sites.google.com/site/recursosparaodiadapaz/cancions-para-a-paz-no-colexio/as-nosas-cancions-para-a-paz-2017

21/12/16

VÍDEOS DO FESTIVAL DE NADAL 2016


 

27/11/16

Panxoliñas para o Nadal 2016

CLICA NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DAS PANXOLIÑAS DESTE NADAL 2016
https://sites.google.com/site/nadal2015pedrosalatas/nadal-2016

14/11/16

Marcha Radetzky en Percusión Corporal





13/11/16

Música e baile no Magosto

O venres, 11 de novembro, Día de San MARTIÑO, fixemos un GRAN MAGOSTO no colexio.
Houbo moito canto e baile!!!,  pero sobre todo houbo unhas ricas castañas asadas.


20/10/16

Cancións para o Magosto

Esta canción sobre o MAGOSTO, do CD 13 Lúas, imos aprendela para cantar o Día do Magosto no noso colexio o venres 11 de novembro (San Martiño).
Tamén cantaremos moitas das cancións que aparecen NESTE ENLACE.



13/10/16

Canción para o Día da Biblioteca Escolar

Canción pa Rufo, foi estreada no mes de outubro do ano 2009 para celebrar o Día da Biblioteca.
Este curso recuperámola e aprenderémola todos os nenos e nenas do colexio.

19/6/16

Tocando a despedida

Última clase de música dos alumnos e alumnas de 6º curso. Despois de repasar varios conceptos nos xilófonos improvisaron uns fragmentos musicais que quedaron moi bonitos. Podémolos ver e escoitar no seguinte vídeo.

6/6/16

Tocando as frautas doces

Como xa estamos rematando as clases, gravamos este pequeno vídeo con algunhas das partituras que aprenderon  os alumnos e alumnas de 5º e 6º  durante este curso.

16/5/16

Actuacións no Teatro Pastor Díaz de Viveiro

O CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro forma parte da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA e dentro do proxecto deste curso "Os soños de Manuel María", correspondeunos  realizar a nosa actividade dinamizadora o xoves, 12 de maio.
Nos seguintes vídeos podemos ver as actuacións:

4/4/16

UN PERCORRIDO MUSICAL POLAS NOSAS CELEBRACIÓNS

NESTA PÁXINA atopamos todas as cancións que imos cantar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o xoves, 12 de maio, dentro do Proxecto Colaborativo: Microrrede PLAMBE  A MARIÑA, este ano adicado a Manuel María.

4/2/16

Canción "Rosalía Pequeniña"


22/1/16

Cancións do Entroido de Viveiro


14/1/16

Cancións para o ENTROIDO

Cancións para cantar no Entroido do Colexio.

10/1/16

Vídeo conmemorativo

Os nenos e nenas de 6º curso acaban de gravar na Bibliosoños o, xa tradicional, vídeo conmemorativo para celebrar o día da Paz e Non Violencia. Este ano a canción elexida é Rumba das apertas de Magín Blanco.



Tamén gravaron: 
SI MA MA KA e TUMBAI, TUMBAI