O coro do colexio está a preparar as actuacións para este Nadal.
2/12/13
22/11/13
Santa Cecilia, patroa da MÚSICA
Tumba de Santa Cecilia
Hoxe 22 de novembro é o día de Santa Cecilia, virxe e mártir, patroa da música.
Un pouco de Historia:
En 1736, Haendel (1685-1759) dedícalle a "Oda para o Día de Santa Cecilia" apenas catro anos antes de compoñer "O Mesías". Charles Gounod (1818-1893) compón unha "Messe Solennelle de Sainte Cécile". Benjamin Britten (1913-1976), nacido por certo o día de Santa Cecilia, componlle o "Himno ao Día de Santa Cecilia". O español Salvador Giner (1832-1911) dedícalle así mesmo un "Himno Pregaria a Santa Cecilia".
Curiosamente, o día de Santa Cecilia nace o gran compositor español Joaquín Rodrigo (1901-1999), por certo cego dende os tres anos, como dos cegos din algúns é tamén patroa Santa Cecilia, -en xeral tense por patroa dos cegos a Santa Lucía de Siracusa-, cuxo nome non significa de feito outra cousa que precisamente "cieguecita".
En honor a Santa Cecilia, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do s. XIX recibe o nome de "cecilianismo".
Dito todo o cal, e como é doado comprender, en honor a Santa Cecilia é hoxe tamén o Día internacional dos músicos, que nos dan un motivo máis para gozar da vida e nos achegan o ceo á terra, razóns sobradas para de todo corazón, felicitar dende aquí a cantos dun xeito ou outra, dedican a súa vida ou parte dela á música.
Hoxe tamén poderemos disfrutar no Conservatorio de Música de Viveiro, dun concerto de Clarinete e Piano a cargo de Pedro Rodríguez Pérez (exalumno do noso colexio) e Eloísa Pérez Lage (profesora do Conservatorio).
20/11/13
No día dos Dereitos dos Nen@s
Na Bibliosoños estamos de celebración pois hoxe é 20 de novembro, Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Preparamos unhas actividades especiais para os alumnos e alumnas de Infantil e tamén para o 1º ciclo de Primaria, nas que repasamos os Dereitos e tamén falamos dos nosos Deberes.
Aprendimos moito! e para rematar a sesión cantamos todos xuntos a Canción dos Dereitos.
24/10/13
Drilo, o crocodilo
Esta é a canción que preparamos este curso para celebrar o Día da Biblioteca; como estamos a traballar O ANTIGO EXIPTO, esta foi a canción que máis nos gustou e a máis apropiada.
Aprendímola todos os cursos e cando chegou o día de pasar pola Bibliosoños, para as actividades que nos prepararon por ser un día especial, ao rematar as mesmas cantamos a canción: DRILO, O CROCODILO.
24/9/13
Presentación do Coro de Cámara de Viveiro
O venres, 20 de setembro, na Igrexa das Concepcionistas, tivo lugar a presentación do novo Coro de Cámara de Viveiro formado por 12 voces mixtas e dirixidos por Javier Fajardo Pérez-Sindín.
Estiveron acompañados por numeroso público que aplaudiron as súas magníficas interpretacións e que animan ao grupo a seguir traballando para que se consoliden e formen parte do ámbito musical de Viveiro.
O seguinte vídeo foi gravado por José Antonio Abella Albo. Moitas gracias
15/6/13
Clausura dos Obradoiros de Teatro e Coro
O curso chega ao seu fin e tamén as actividades dos Obradoiros de Teatro e Coro impartidos polos profesores Vicente e Marta.
- O xoves, 13 de xuño, faremos a clausura dos mesmos facendo entrega dos diplomas de participación e algunha sorpresa máis.
Durante o curso ensaiaron moito e fixeron varias actuacións:
GRUPO DE TEATRO
- Polo NADAL representaron na Casa do Forno e no Colexio a obra "Os tres reis malos"
- Representarán o xoves, 20 de xuño, no colexio; e o domingo,23 de xuño, na Casa do Forno, unha obra que están estes días a ensaiar e preparando os decorados, vestuario e demáis preparativos.
AGRUPACIÓN CORAL
- Polo NADAL cantaron na Casa do Forno e na Igrexa de Celeiro
- Actuaron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro
- En Maio participaron no Festival da Festa do Maio e Letras Galegas do colexio e tamén actuaron no Conservatorio de Música de Viveiro e na Clausura da Exposición "Unha primavera de poemas".
GRUPO DE TEATRO
5/6/13
Un concerto moi especial
O xoves, 6 de xuño, ás 20:30 horas, no Conservatorio de Música de Viveiro, teremos a oportunidade de ver e escoitar un concerto de Clarinete e Piano a cargo de Pedro Rodríguez Pérez (exalumno do noso colexio) e Eloísa Pérez Lage (profesora do Conservatorio).
18/5/13
Actuación no Conservatorio
O xoves, 16 de maio, actuamos no Conservatorio de Música de Viveiro.
No seguinte vídeo podemos ver e escoitar un resumo da actuación
2/5/13
Actuación no Conservatorio de Música de Viveiro
COMUNICADO PARA AS FAMILIAS DOS
ALUMNOS E ALUMNAS DO CORO
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
CELEIRO-VIVEIRO
O Coro do colexio foi
invitado a actuar no Conservatorio de Música de Viveiro o xoves, 16 de maio de
2013, ás 17:30 horas.
Para ese día os nenos
e nenas deberán levar a roupa propia do coro e as frautas doces.
Terán que estar diante
da porta do Conservatorio, polo lado do xardín, ás 16:30 horas, para facer un pequeno
ensaio de toma de contacto e colocación no escenario.
A actuación é pública
polo que poden asistir todos os que o desexen.
Se algún neno ou nena
necesita que o leven ata o Conservatorio deben avisar á profesora Marta.
13/3/13
Canción "Amar o mar"
Dentro do proxecto integrado de dinamizacións "O MAR" fixemos unha canción especial:
"Amar o mar"
A letra é de Vicente Míguez (profesor do centro) e a música de Pedro Rodríguez (exalumno do centro). Está cantada por Marta Pérez (profesora do centro) e por Pedro Rodríguez.
12/3/13
Vídeo da actuación no Teatro Pastor Díaz
O sábado, 9 de marzo, o Coro do Colexio foi invitado a participar nun Festival Benéfico organizado por ABAY: tamén actuaron o acordeonista Iván Armada e o Coro do CEP Lois Tobío.
Neste ENLACE podemos ler o resumo do festival.
Este é o vídeo da nosa actuación
Neste ENLACE podemos ler o resumo do festival.
Este é o vídeo da nosa actuación
6/3/13
Festival benéfico
O coro do Colexio foi invitado
para actuar o vindeiro sábado, 9 de marzo, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro nun
festival solidario organizado por ABAY (Asociación de pais/nais adoptantes para o
desenrolo de Etiopía )
Programa:
- 17:00 h xuntámonos no Teatro
- 17:30 h_comezo do festival:
- Proxección de imaxes de Etiopía
-
Coro do Colexio de Celeiro
-
Actuación de Iván Armada (acordeonista)
-
Coro do Colexio Lois Tobío
Sorteo de premios (lotes de libros, figura do Regal, dúas
ceas nas Tixolas, xoguetes, etc
) entre os asistentes
(ata que aparezan os gañadores)
- 19:00 h remate do festival .
15/2/13
Día de Rosalía de Castro
O vindeiro 24 de febreiro, será o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Este ano 2013 é o 150 aniversario da publicación do seu libro "Cantares Gallegos" (1863-2013), por iso na Bibliosoños musicamos o poema "Has de cantar" para que o poidamos cantar todos xuntos.
Tamén podemos atopar moita información na páxina especial que lle adicamos a
29/1/13
Un vídeo moi especial
Na actuación de maio de 2011 no conservatorio cantamos "Vois sur ton chemin" da película Los Chicos del Coro, tivemos a ocasión de que nos acompañaran estudiantes do Conservatorio:
- Compoñentes do Coro
- Ao piano, Pedro Rodríguez.
Poidemos editar este vídeo gracias á gravación da nai de Adrián Basanta.
19/1/13
10/1/13
Recordando outros tempos
Na seguinte presentación podemos ver unhas fotografías e un programa da Agrupación Musical do colexio formada por alumnos e alumnos dos cursos comprendidos entre os anos 1981 a 1984. O director da mesma era o profesor Manuel Rajal Fernández.
As fotografías foron donadas por Ángela López, alumna do colexio nesa época e compoñente da Agrupación Musical.
9/1/13
Actuación do coro na Igrexa de Celeiro
O domingo, 30 de decembro de 2012, a Agrupación Instrumental e Coral do Colexio foi invitada para facer unha pequena actuación na Igrexa de Celeiro.
21/12/12
19/12/12
Festival de Nadal na Casa do Forno
No colexio estamos a preparar un Festival de Nadal para actuar na CASA DO FORNO. Nas seguintes presentacións podemos ver o cartel e máis o programa de man.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)