24/10/13

Drilo, o crocodilo

Esta é a canción que preparamos este curso para celebrar o Día da Biblioteca; como estamos a traballar O ANTIGO EXIPTO, esta foi a canción que máis nos gustou e a máis apropiada.
Aprendímola todos os cursos e cando chegou o día de pasar pola Bibliosoños, para as actividades que nos prepararon por ser un día especial, ao rematar as mesmas cantamos a canción: DRILO, O CROCODILO.

O coro do colexio

Este novo curso que comeza tamén imos a formar un coro entre os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º curso.
No mes de outubro comezamos os ensaios para preparar as cancións que imos a tocar e cantar no  festival de Nadal.

24/9/13

Presentación do Coro de Cámara de Viveiro

O venres, 20 de setembro, na Igrexa das Concepcionistas, tivo lugar a presentación do novo Coro de Cámara de Viveiro formado por 12 voces mixtas e dirixidos por Javier Fajardo Pérez-Sindín.
Estiveron acompañados por numeroso público que aplaudiron as súas magníficas interpretacións e que animan ao grupo a seguir traballando para que se consoliden e formen parte do ámbito musical de Viveiro.
O seguinte vídeo foi gravado por José Antonio Abella Albo. Moitas gracias

15/6/13

Clausura dos Obradoiros de Teatro e Coro

O curso chega ao seu fin e tamén as actividades dos Obradoiros de Teatro e Coro impartidos polos profesores Vicente e Marta.
  • O xoves, 13 de xuño, faremos a clausura dos mesmos facendo entrega dos diplomas de participación e algunha sorpresa máis.
Durante o curso ensaiaron moito e fixeron varias actuacións:

GRUPO DE TEATRO

AGRUPACIÓN CORAL
GRUPO DE TEATRO     
   AGRUPACIÓN CORAL






5/6/13

Un concerto moi especial

O xoves, 6 de xuño, ás 20:30 horas, no Conservatorio de Música de Viveiro, teremos a oportunidade de ver e escoitar un concerto de Clarinete e Piano a cargo de Pedro Rodríguez Pérez (exalumno do noso colexio) e Eloísa Pérez Lage (profesora do Conservatorio).

18/5/13

Actuación no Conservatorio

O xoves, 16 de maio, actuamos no Conservatorio de Música de Viveiro.
No seguinte vídeo podemos ver e escoitar un resumo da actuación







2/5/13

Actuación no Conservatorio de Música de Viveiro



COMUNICADO PARA AS FAMILIAS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CORO
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
CELEIRO-VIVEIRO

O Coro do colexio foi invitado a actuar no Conservatorio de Música de Viveiro o xoves, 16 de maio de 2013, ás 17:30 horas.
Para ese día os nenos e nenas deberán levar a roupa propia do coro e as frautas doces.
Terán que estar diante da porta do Conservatorio, polo lado do xardín, ás 16:30 horas, para facer un pequeno ensaio de toma de contacto e colocación no escenario.
A actuación é pública polo que poden asistir todos os que o desexen.
Se algún neno ou nena necesita que o leven ata o Conservatorio deben avisar á profesora Marta.
                                           

13/3/13

Canción "Amar o mar"

Dentro do proxecto integrado  de dinamizacións "O MAR" fixemos unha canción especial:
"Amar o mar"
A letra é de Vicente Míguez (profesor do centro) e a música de Pedro Rodríguez (exalumno do centro). Está cantada por Marta Pérez (profesora do centro) e por Pedro Rodríguez.

12/3/13

Vídeo da actuación no Teatro Pastor Díaz

O sábado, 9 de marzo, o Coro do Colexio foi invitado a participar nun Festival Benéfico organizado por ABAY: tamén actuaron o acordeonista Iván Armada e o Coro do CEP Lois Tobío.
Neste ENLACE podemos ler o resumo do festival.

Este é o vídeo da nosa actuación


6/3/13

Festival benéfico



O coro do Colexio foi invitado para actuar o vindeiro sábado, 9 de marzo, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro nun festival solidario organizado por ABAY  (Asociación de pais/nais adoptantes para o desenrolo de Etiopía )
Programa:
  • 17:00 h  xuntámonos no Teatro
  • 17:30 h_comezo do festival:
            -     Proxección de imaxes de Etiopía 
-        Coro do Colexio de Celeiro
-        Actuación de Iván Armada (acordeonista)
-        Coro do Colexio Lois Tobío
Sorteo de premios  (lotes de libros, figura do Regal,  dúas 
ceas nas Tixolas, xoguetes, etc )  entre os asistentes
(ata que aparezan os gañadores)
  • 19:00 h remate do festival .

15/2/13

Día de Rosalía de Castro

O vindeiro 24 de febreiro, será o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Este ano 2013 é o 150 aniversario da publicación do seu libro "Cantares Gallegos" (1863-2013), por iso na Bibliosoños musicamos o poema "Has de cantar" para que o poidamos cantar todos xuntos.

 
Tamén podemos atopar moita información na páxina especial que lle adicamos a 

29/1/13

Un vídeo moi especial

Na actuación de maio de 2011 no conservatorio cantamos "Vois sur ton chemin" da película Los Chicos del Coro, tivemos a ocasión de que nos acompañaran estudiantes do Conservatorio:
  • Compoñentes do Coro
  • Ao piano, Pedro Rodríguez.
 

Poidemos editar  este vídeo gracias á gravación da nai de Adrián Basanta.

19/1/13

Cancións para o Día da Paz

10/1/13

Recordando outros tempos

Na seguinte presentación podemos ver unhas fotografías e un programa da Agrupación Musical do colexio formada por alumnos e alumnos dos cursos comprendidos entre os anos 1981 a 1984. O director da mesma era o profesor Manuel Rajal Fernández.
As fotografías foron donadas por Ángela López, alumna do colexio nesa época e compoñente da Agrupación Musical.


9/1/13

Actuación do coro na Igrexa de Celeiro

O domingo, 30 de decembro de 2012, a Agrupación Instrumental e Coral do Colexio foi invitada para facer unha pequena actuación na Igrexa de Celeiro. 

21/12/12

Festival de Nadal 2012

No blog do Nadal podemos ver máis actuacións:


19/12/12

Festival de Nadal na Casa do Forno

No colexio estamos a preparar un Festival de Nadal para actuar na CASA DO FORNO. Nas seguintes presentacións podemos ver o cartel e máis o programa de man.


27/11/12

Panxoliñas para o Nadal


23/11/12

Concerto de Santa Cecilia

Neste concerto tivemos a oportunidade de ver e escoitar ao Dúo de Clarinete e Piano formado por Pedro Rodríguez Pérez e Eloísa Pérez Lage.
Eloísa é profesora do Conservatorio e Pedro é alumno do último curso do Grao Profesional, son nai e fillo e ademáis todos recordamos a Pedro porque foi alumno do noso colexio e o acompañante habitual do Coro.
Foi un concerto excepcional onde ademáis houbo unha segunda parte coa actuación de dúas sopranos e un tenor    (o profesor de canto Vicente Casas) acompañados polo pianista Plácido Travieso. 

21/11/12

22 de novembro, Santa Cecilia


Cecilia de Roma, coñecida como santa Cecilia (en latín sancta Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo, que -segundo a tradición- foi martirizada pola súa fe entre o ano 180 e 230.
A Igrexa católica e a Ortodoxa conmemoran a súa morte o 22 de novembro.
Na Igrexa católica é patroa da música, dos poetas, dos cegos (como santa Lucía de Siracusa) e das cidades de Albi (Francia) , Omaha (estado de Nebraska, EE. UU.) e Mar da Prata (Arxentina).
Os seus atributos son o órgano, o laúde e as rosas.
En honra a ela, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do século XIX recibiu o nome de cecilianismo.

Nestas datas en todos os pobos, vilas e cidades, celébranse concertos onde as bandas Municipais, Corais Polifónicas e outras agrupacións musicais, adquiren gran relevancia.
Se temos oportunidade temos que acudir a estes concertos.