28/12/21
20/12/21
21/11/21
E xa chega o NADAL 2021
Na seguinte presentación podemos escoitar as panxoliñas que prepararemos para este Nadal 2021
PREME NA IMAXE
18/11/21
CANCIÓNS PARA CELEBRAR OS DEREITOS DA INFANCIA
Presentamos a continuación, un resume explicado para todos os nenos/as, de cales son os seus dereitos e os seus deberes.
3/11/21
23/10/21
CANCIÓN PARA O SAMAÍN
Para celebrar o Samaín aprenderemos esta canción de Jesús Pareja e cantado polo alumnado de 5º de Primaria.
PREME NA IMAXE
18/10/21
Canción para o Día da Biblioteca
O venres 22 de outubro celebraremos o Día da Biblioteca e desde a aula de Música imos aprender a canción "Unha festa especial".
Deixovos aquí dous vídeos da canción, o primeiro foi gravado no ano 2010 e o segundo é un traballo do ano 2019.
24/9/21
12/8/21
11/5/21
10/5/21
Máis contos e cantos no mes das Letras Galegas
Seguimos traballando no Proxecto CONTOS E CANTOS:
Para as Letras Galegas o alumnado de 1º e 2º curso prepararon os contos populares:
- "Carapuchiña Vermella" e "O lobo e os tres porquiños". Presentados a través de debuxos e contados en pareados moi creativos. Tamén aprenderon a correspondente canción e agora podemos ver o resultado nos seguinte vídeos
2/5/21
1/4/21
No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co natalicio do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo, é espertar o interese e amor polos libros e a lectura dos nenos e novos e facer diso, un hábito de vida.
Para conmemorar esta data realizamos dous vídeos que recollen dous contos:
"Alicia no país das marabillas"de Lewis Carroll (Alumnado de 4º de Primaria)
"Os músicos de Bremen"dos Irmáns Grimm (Alumnado de 3º de Primaria)
Estes traballos forman parte do proxecto "CONTOS E CANTOS" que levamos a cabo dentro da dinamización da Biblioteca Escolar e da Lingua Galega coa colaboración especial das titoras Xulia e Rosa e a profesora de Música.
19/3/21
Cantamos á primavera!
Deixo nesta entrada as cancións que cantamos para a chegada da primavera:
Alumnado de 6º Infantil e alumnado de 1º e 2º de Primaria
9/3/21
26/2/21
25/2/21
11/2/21
CANCIÓN PARA O DÍA DE ROSALÍA 2021
Deixo nesta entrada o vídeo que realicei para presentar o poema musicado de Rosalía de Castro e que traballaremos nas aulas para homenaxeala.
"NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN"
CANTARES GALEGOS
MÁIS CANCIÓNS PARA ROSALÍA
PREME NA IMAXE
3/2/21
1/2/21
29/1/21
Así cantamos no Día da Paz
Estas semanas non puiden estar con vós e foi o profe Mario o que vos preparou as cancións para o Día da Paz. Fixo un bo traballo e sei que o pasáchedes moi ben con el.
Grazas Mario!
12/1/21
NOVA PÁXINA: A FRAUTA DOCE
Tal e como vos dixen no primeiro trimestre: "vou realizar unha páxina para aprender e repasar a frauta doce".
Na seguinte páxina atoparedes vídeos titoriais para comezar coas primeiras notas e tamén vídeos para repasar partituras que xa coñecedes. Preme na imaxe para entrar na páxina.