21/12/16
27/11/16
14/11/16
13/11/16
Música e baile no Magosto
O venres, 11 de novembro, Día de San MARTIÑO, fixemos un GRAN MAGOSTO no colexio.
Houbo moito canto e baile!!!, pero sobre todo houbo unhas ricas castañas asadas.
20/10/16
Cancións para o Magosto
Esta canción sobre o MAGOSTO, do CD 13 Lúas, imos aprendela para cantar o Día do Magosto no noso colexio o venres 11 de novembro (San Martiño).
Tamén cantaremos moitas das cancións que aparecen NESTE ENLACE.
Tamén cantaremos moitas das cancións que aparecen NESTE ENLACE.
13/10/16
Canción para o Día da Biblioteca Escolar
Canción pa Rufo, foi estreada no mes de outubro do ano 2009 para celebrar o Día da Biblioteca.
Este curso recuperámola e aprenderémola todos os nenos e nenas do colexio.
19/6/16
Tocando a despedida
Última clase de música dos alumnos e alumnas de 6º curso. Despois de repasar varios conceptos nos xilófonos improvisaron uns fragmentos musicais que quedaron moi bonitos. Podémolos ver e escoitar no seguinte vídeo.
6/6/16
Tocando as frautas doces
Como xa estamos rematando as clases, gravamos este pequeno vídeo con algunhas das partituras que aprenderon os alumnos e alumnas de 5º e 6º durante este curso.
16/5/16
Actuacións no Teatro Pastor Díaz de Viveiro
O CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro forma parte da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA e dentro do proxecto deste curso "Os soños de Manuel María", correspondeunos realizar a nosa actividade dinamizadora o xoves, 12 de maio.
Nos seguintes vídeos podemos ver as actuacións:
4/4/16
UN PERCORRIDO MUSICAL POLAS NOSAS CELEBRACIÓNS
NESTA PÁXINA atopamos todas as cancións que imos cantar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o xoves, 12 de maio, dentro do Proxecto Colaborativo: Microrrede PLAMBE A MARIÑA, este ano adicado a Manuel María.
4/2/16
22/1/16
14/1/16
10/1/16
Vídeo conmemorativo
Os nenos e nenas de 6º curso acaban de gravar na Bibliosoños o, xa tradicional, vídeo conmemorativo para celebrar o día da Paz e Non Violencia. Este ano a canción elexida é Rumba das apertas de Magín Blanco.
Tamén gravaron:
SI MA MA KA e TUMBAI, TUMBAI
7/1/16
3/1/16
Suscribirse a:
Entradas (Atom)