30/12/15
Ensaiando para o Gran Concerto
Ensaio no Teatro Pastor Díaz de Viveiro:
- Banda Municipal de Música de Viveiro
- Educandos da Banda
- Coro do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro
Mércores, 30 de decembro, ás 21:00 horas, GRAN CONCERTO DE FIN DE ANO
19/12/15
FESTIVAL DE NADAL
E como todos os anos, o último día facemos un gran FESTIVAL DE NADAL, onde participamos todos os nenos e nenas e tamén os profesores e profesoras.
Estos son os vídeos onde podemos ver as nosas actuacións:
26/11/15
21/11/15
Santa Icía, Patrona dos Músicos
O domingo, 22 de novembro, é o Día de Santa Icía (Santa Cecilia), patrona dos músicos e como cada ano a Banda Municipal de Música de Viveiro fai un concerto extraordinario no Teatro Pastor Díaz, tal e como queda recollido no seguinte artículo de LA VOZ DE GALICIA.
A BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO nace a partir da Banda de Exploradores,
fundada no ano 1918 por D. Juan Latorre Capón, aínda que existen datos
que aseguran que xa a finais do século XIX existía na vila unha
agrupación similar. Ben é certo que dita Banda de Exploradores é a
primeira formación consolidada que se instaura en Viveiro. Poucos anos
máis tarde o Concello faise cargo da mesma asumindo os gastos que
conleva a Escola de Música. Sucedéronlle a D. Juan Latorre dous
directores de recoñecido prestixio no ámbito musical galego, que foron
D. Higinio Cambeses, gran propulsor das Bandas Populares, e D. Jesús
Pérez Rivas, musicólogo viveirense e fundador do Corpo de directores de
Banda. En 1944, trala marcha deste último e durante trece anos, houbo
actuacións esporádicas da Banda, baixo a dirección de D. Ramón Amor
García.
En 1957, iniciase unha segunda etapa desta agrupación que se mantén sen
interrupción ata o día de hoxe. O seu director foi D. Alfonso Mariño
Parapar, que abandoa a formación para perfeccionalos seus estudios
durante dous anos, nos que se fai cargo da dirección D. Antonio Amigo,
volvendo o primeiro en 1959 e manténdose ao cargo da mesma ata 1992, ano
da súa xubilación. É substituido en breve período de tempo por D. Carlos
Méndez. En 1993 faise cargo da dirección D. Francisco Javier Vidal
Suárez ata o ano 2005. De 2006 ata 2015 faise cargo da banda D. Delio
Represas Carrera.
Entre os datos que merecen unha mención especial hai que destacar que a
Banda de Viveiro foi a primeira de Galicia en incorporar mulleres á súa
configuración e a pioneira das Bandas Xuveniles, a partir do ano 1973,
tales circunstancias serviron de inspiración para a constitución doutras
Bandas de similares características.
Actualmente, dende Xullo de 2015 asume a dirección da agrupación D.
Carlos Timiraos Timiraos.
Pais, nais, fillos e fillas conforman esta agrupación dando conta do
grande espírito familiar que a fan posible e do arraigo có que conta no
pobo de Viveiro.
20/11/15
Unha clase de Música Tradicional
Os nenos e nenas de 6º de Infantil están a traballar sobre GALICIA e chegaron ao apartado da Música e Baile Tradicional e para que poidesen escoitar e ver en directo as cualidades do noso folklore, a súa profesora Inés organizou un pequeno concerto didáctico.
Visitounos un cuarteto de Música Tradicional "Non cho digo" formado por dúas gaitas, tamboril e bombo; pero ademais, a profesora Eva, trouxo os seus traxes de baile e axudadas polas profesoras Rita e Lucía explicaronlles a todos os nenos e nenas as características de cada un deles.
Organizamos unha pequena romaría cantando e bailando todos xuntos. Pasámolo estupendamente!
Agradecemos aos compoñentes do cuarteto: Samuel, Rafa, Fran e Adrián a súa visita e a súa gran clase e concerto.
Agradecemos aos compoñentes do cuarteto: Samuel, Rafa, Fran e Adrián a súa visita e a súa gran clase e concerto.
A túa Banda vai ao cole
O martes,17 de novembro, tivemos a oportunidade de contar no noso colexio cunha sección da BANDA DE MÚSICA de Viveiro. Ensináronnos os diferentes instrumentos dos que se compón unha Banda de Música, as súas características, os seus sons... Interpretaron varios temas musicais e poidemos probar os diferentes instrumentos.
Tamén nos invitaron a coñecer as instalacións onde ensaian e alí coñecer todo o que se pode facer pertencendo á Banda de Música.
O vindeiro sábado, 21 de novembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro farán o Concerto Tradicional de Santa Cecilia (22 de novembro) que é a patrona dos músicos.
6/11/15
22/10/15
SI MA MA KA
Imos traballar esta canción tradicional de Ghana que preparou nun WIX a profesora Mª Jesús Camino
CLICA NA IMAXE PARA ENTRAR NO WIX
13/10/15
22/9/15
9/9/15
4/6/15
Actuacións dos Obradoiros de Coro e Teatro
O xoves, 4 de xuño os Obradoiros de Coro e Teatro farán as súas respectivas actuacións no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:00 horas.
Este e o programa:
22/5/15
21/4/15
17/3/15
Canción: As árbores da fraga
Vídeo en homenaxe ás nosas árbores.
Canción cantada polos nenos e nenas que formaron parte do coro no curso 2010-2011
2/3/15
23/2/15
2/2/15
Cancións para o ENTROIDO
O Coro xa empezou a preparar as cancións que imos cantar este Entroido e que fan referencia ao proxecto ALIMÉNTATE BEN.
21/1/15
Suscribirse a:
Entradas (Atom)