21/12/12
19/12/12
Festival de Nadal na Casa do Forno
No colexio estamos a preparar un Festival de Nadal para actuar na CASA DO FORNO. Nas seguintes presentacións podemos ver o cartel e máis o programa de man.
27/11/12
23/11/12
Concerto de Santa Cecilia
Neste concerto tivemos a oportunidade de ver e escoitar ao Dúo de Clarinete e Piano formado por Pedro Rodríguez Pérez e Eloísa Pérez Lage.
Eloísa é profesora do Conservatorio e Pedro é alumno do último curso do Grao Profesional, son nai e fillo e ademáis todos recordamos a Pedro porque foi alumno do noso colexio e o acompañante habitual do Coro.
Foi un concerto excepcional onde ademáis houbo unha segunda parte coa actuación de dúas sopranos e un tenor (o profesor de canto Vicente Casas) acompañados polo pianista Plácido Travieso.
21/11/12
22 de novembro, Santa Cecilia
Cecilia de Roma, coñecida como santa Cecilia (en latín sancta Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo, que -segundo a tradición- foi martirizada pola súa fe entre o ano 180 e 230.
A Igrexa católica e a Ortodoxa conmemoran a súa morte o 22 de novembro.Na Igrexa católica é patroa da música, dos poetas, dos cegos (como santa Lucía de Siracusa) e das cidades de Albi (Francia) , Omaha (estado de Nebraska, EE. UU.) e Mar da Prata (Arxentina).
Os seus atributos son o órgano, o laúde e as rosas.
En honra a ela, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do século XIX recibiu o nome de cecilianismo.
Nestas datas en todos os pobos, vilas e cidades, celébranse concertos onde as bandas Municipais, Corais Polifónicas e outras agrupacións musicais, adquiren gran relevancia.
Se temos oportunidade temos que acudir a estes concertos.
20/9/12
Benvid@s ao curso 2012-2013
Un novo curso da comezo e vimos cheos de ilusión e con moitas ganas de aprender!
Na aula de música xa nos esperan os instrumentos, os bailes e as novas cancións que imos aprender. Tamén temos unha novidade: UN NOVO ESCENARIO andivemos a preparar.
O proxecto integrado deste curso vai ser sobre O MAR, por iso moitas das cancións que imos aprender serán sobre os peixes, os barcos e o mar.
No lateral dereito temos o enlace onde atoparemos a música e as letras das cancións.
Embarcamos todos xuntos e navegaremos polos mares da música.
FELIZ CURSO!!!
30/5/12
Concerto de Piano e Clarinete
O xoves, 31 de maio, ás 20:30 horas, no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, haberá un Concerto de Piano e Clarinete moi especial e que debemos procurar ir velo e escoitalo.
Pedro foi alumno do colexio e tamén é o pianista acompañante do Coro do Colexio.
2/5/12
29/4/12
27/3/12
3º ciclo: traballos sobre os Beatles
Xa están rematados os murais sobre os BEATLES.
Os alumnos de 5º e 6º curso traballaron durante o 2º trimestre partituras de cancións deste grupo tan importante da música moderna.
Buscaron información nesta páxina e por último fixeron estes traballos.
Os alumnos de 5º e 6º curso traballaron durante o 2º trimestre partituras de cancións deste grupo tan importante da música moderna.
Buscaron información nesta páxina e por último fixeron estes traballos.
22/3/12
10/1/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)