Cecilia de Roma, coñecida como santa Cecilia (en latín sancta Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo, que -segundo a tradición- foi martirizada pola súa fe entre o ano 180 e 230.
A Igrexa católica e a Ortodoxa conmemoran a súa morte o 22 de novembro.
Na Igrexa católica é patroa da música, dos poetas, dos cegos (como santa Lucía de Siracusa) e das cidades de Albi (Francia) , Omaha (estado de Nebraska, EE. UU.) e Mar da Prata (Arxentina).
Os seus atributos son o órgano, o laúde e as rosas.
En honra a ela, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do século XIX recibiu o nome de cecilianismo.
Nestas datas en todos os pobos, vilas e cidades, celébranse concertos onde as bandas Municipais, Corais Polifónicas e outras agrupacións musicais, adquiren gran relevancia.
Se temos oportunidade temos que acudir a estes concertos.