21/12/10
Panxoliñas e Outros Cantos de Nadal
Outro ano máis e xa van 13, os coros dos colexios Lois Tobío de Viveiro e o Pedrosa Latas de Celeiro, cantamos para festexar o Nadal o luns, 20 de decembro, na Igrexa de San Francisco.
20/12/10
16/12/10
Entrevista a Pedro Rodríguez
Pedro é un rapaz de 17 anos que fai os seus estudios musicais no conservatorio de Música de Viveiro. Está a cursar o 5º curso do grao profesional nas especialidades de piano e clarinete.
Á idade de 10 anos comenza a formar parte do coro do colexio sendo o seu pianista dende entón.
Este ano compuxo un vilancico que leva por título "Celebrando o Nadal", imos cantalo por 1ª vez no Acto de Nadal do venres, 17 de decembro.
- Pedro, cal foi o motivo polo que compuxeches esta canción?
- Dende sempre tiven gusto por improvisar melodías e facer acompañamentos propios e este ano cando Marta me comentou o programa que tiña preparado cos nenos para este Nadal, comenteille que por que non faciamos algo diferente e movido, toqueille un estribillo que lle encantou e ao día seguinte xa o estabamos transcribindo a unha partitura.
- Por que segues a formar parte do coro?
- A verdade é que me sinto moi a gusto, xa son moitos recordos e cada ano intento facer cousas diferentes porque sei que aos nenos lles gusta. Este ano en algunha canción introducimos ritmo de batería e iso lles encanta.
- Gústache tocar en público?
- Claro que sí, aos músicos gústanos que se nos escoite, neste Nadal teño que actuar en varios concertos do Conservatorio e tamén acompañarei ao Coro do Colexio de Celeiro nas súas actuacións e espero que sigan contando conmigo.
Actuacións do coro.
Para este Nadal o coro do colexio ten previsto actuar nos seguintes actos:
- ACTO DE NADAL: venres, 17 de decembro, ás 20:30 horas, na "Casa do Forno" de Celeiro. Organizado pola ANPA do colexio..
- CERTAME DE PANXOLIÑAS E OUTROS CANTOS DE NADAL: luns, 20 de decembro, ás 20:30 horas, na Igrexa de San Francisco en Viveiro
6/11/10
No Magosto...
E xa estamos celebrando no colexio o Magosto. Que ben o pasamos!!!.
Cantamos, xogamos e comemos as ricas castañas asadas...
Cantamos, xogamos e comemos as ricas castañas asadas...
19/10/10
Ensaios do coro
Xa comezamos os ensaios do coro, este curso serán os luns en horario de 16:00 a 17:30 h.
20/9/10
Reconocer los instrumentos
Aquí tenéis un entretenido juego para reconocer el sonido de los instrumentos de la orquesta.
Pinchad en la imagen para acceder al juego y después utilizad los botones "play", "start" y "next" para jugar. Que os divirtáis
Pinchad en la imagen para acceder al juego y después utilizad los botones "play", "start" y "next" para jugar. Que os divirtáis
Presentaciones interactivas
Este recurso es muy apropiado para comenzar el curso repasando conceptos básicos de lenguaje musical necesarios para leer las partituras y comprender mejor las obras que interpretamos. Son presentaciones interactivas de los diferentes elementos del Lenguaje de la Música, muy divertidas ya que os lo presentan los protagonistas de la gran Ópera de Mozart “La Flauta Mágica”.
Este es otro material interactivo siimilar al anterior, contiene varias páginas en las que se presentan diferentes elementos del lenguaje Musical, en este caso a través del “Castillo de la Música”.
Este es otro material interactivo siimilar al anterior, contiene varias páginas en las que se presentan diferentes elementos del lenguaje Musical, en este caso a través del “Castillo de la Música”.
9/6/10
Despedida do curso
Este pequeno vídeo vai adicado a todos os nenos e nenas que este curso formaron parte do coro. Co seu traballo e esforzo fomos capaces de participar nas festas e conmemoracións organizadas polo centro e por outras institucións.
Cantamos e tocamos:
- Día da Biblioteca Escolar coa estrea da Canción para Rufo.
- Festa do Magosto.
- Panxoliñas e outros cantos de Nadal en San Francisco (Viveiro) e igrexa de Celeiro.
- Día da paz
- Entroido
- Maios
- Letras Galegas: actuación especial para os nenos e nenas do colexio e pola tarde para as familias.
Este curso xa remata e os alumnos de 6º curso marchan para o IES María Sarmiento, espero que sigades mantendo o voso gusto pola música e non olvidedes as vosas experiencias dentro do coro, eu non as esquecerei.
Felices vacacións!!!
19/5/10
Actuación especial do coro
O mércores, 26 de maio, o coro do colexio vai facer dúas actuacións:
Pola mañá tocará e cantará para todos os nenos e nenas do cole.
Pola tarde fará unha actuación especial para as familias como peche final da actividade extraescolar.
Tamén faremos a entrega de diplomas e unha festa de despedida, en especial para os alumnos de 6º curso que xa van camiño do IES María Sarmiento.
Cantámoslle ao maio
O xoves, 13 de maio, celebramos a festa do maio no colexio. O coro cantou varias cancións e pasámolo estupendamente.
No blog de Actividades Complementarias podemos ver máis fotos e un vídeo.
No blog de Actividades Complementarias podemos ver máis fotos e un vídeo.
3/5/10
Traballos e murais sobre Mozart
Os alumnos de 6º curso xa entregaron os seus murais e traballos sobre Mozart. Para a súa elaboración buscaron a información na páxina adicada a Mozart, primeiro traballamos nas clases de música e cidadanía e despois, individualmente nas súas casas, fixeron os murais.
Quedaron moi ben e aprenderon moito sobre a vida e obra de Mozart!!!
17/4/10
Wolfgang Amadeus Mozart
Nesta páxina, os alumn@s de 5º e 6º, podedes atopar moita información para elaborar o traballo sobre Mozart.
28/2/10
No 200 aniversario de Chopin
A nosa pequena homenaxe a este gran compositor neste enlace
Federico Chopin naceu o 1 de Marzo de 1810 na vila de Zalazowa Wola, cidade de Mazovia, en Polonia. Comparouse con Mozart logo de que á idade de 7 anos compuxese dúas pequenas polonesas para piano.
Entre os anos 1823 e 1826 Federico Chopin concorreu ao liceo musical de Warsaw onde o seu propio pai era un dos profesores. En 1822 culmina a súa formación de piano co profesor W. Zywny. Ese mesmo ano comeza a súa formación particular en composición con Josef Elsner. Chopin dedicaralle mais tarde a este mestre a súa Sonata para piano opus nº 4 e as variacións opus 2.
Entre os anos 1926 e 1929 presuponse que compón un cúmulo de danzas e variacións para piano. En 1826 compón a súa famosa Marcha Fúnebre opus 72 Nº 2. Entre os anos 1930 e 1931 compón, entre outras, as famosas mazurcas opus 6 e 7, os nocturnos do opus 9 ao 15 e os estudos para piano opus 10 números 5 e 6. Para esa época viaxa a París onde coñece a músicos e compositores moi destacados desa época.
onde descansa o corazón de Chopin
30/1/10
Día Escolar da Paz e Non Violencia
Cantamos tod@s xunt@s para celebrar o Día da Paz.
Temos que felicitar aos alumn@s de 5º curso: Beatriz, Laura, Diana, Brais e David que fixeron as voces solistas na canción "Que canten os nen@s". Tamén ás alumnas de 6º curso: Raquel, Carla e Nerea que cantaron formidablemente a canción "Imagine" de John Lennon.
Foi unha celebración estupenda e con moita emoción.
A música énchenos de ganas por seguir traballando para conseguir un mundo no que a Paz sexa un valor a lograr cada día.
19/1/10
Para celebrar o Día da Paz.
O vindeiro venres, 29 de xaneiro, no colexio imos celebrar o Día da Paz e Non Violencia con moitas actividades.
Estes vídeos das cancións IMAGINE, de John Lennon e Que canten os nenos, de José Luis Perales, son algunhas delas. Esperamos que vos guste.
18/1/10
Xa comezamos o 2º trimestre!
Despois das vacacións de Nadal voltamos ás clases e tamén ás actividades extraescolares.
No coro do colexio estamos a preparar unhas cancións para cantar o Día da Paz e Non Violencia:
No coro do colexio estamos a preparar unhas cancións para cantar o Día da Paz e Non Violencia:
- Que canten os nenos ( en galego)
- No dudaría (en castelán)
- Imagine (en inglés)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)